Mobilidade
O Concello de Carballo presta especial atención á mobilidade urbana, buscando alternativas ao uso de turismos para deseñar unha vila pensada para os peóns e tamén co obxectivo de que os máis cativos e cativas recuperen o seu espazo de convivencia e xogos nas rúas, xardíns e prazas do casco urbano.
Mobilidade Carballo, promove a recuperación de espazos para os peóns, o fomento do uso da bicicleta, a creación do Camiño Escolar para facilitar que os nenos e nenas vaian a pé ao colexio, a limitación da velocidade no centro da vila, ou a creación do Metrominuto para fomentar os desprazamentos a pé entre os veciños e veciñas e os visitantes co obxectivo de acadar unha mobilidade segura, racional, sustentable e limpa para tod@s.