Seguridade e tráfico

Seguridade cidadá

Comisaría da Policía Local
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfonos: 981 701 722 e 092

Ver localización

Camiño Escolar

Logotipo Camiño Escolar

O Concello de Carballo puxo en marcha no ano 2013 o Camiño Escolar ou Pedibús, unha iniciativa para avanzar nunha alternativa de mobilidade para o alumnado dos colexios do casco urbano carballés, creando rutas peonís de acceso aos centros de ensino nas que os cativos e cativas teñan contacto directo coas nenas e os nenos da súa contorna cotiá, o seu barrio e as súas xentes, ao tempo que se favorece a súa autonomía persoal.

O obxectivo é  transformar Carballo nunha vila moito máis segura e cun hábitat urbano moito máis amábel.

Varios centros de ensino xa participan nesta iniciativa na que os nenos e nenas seguen cada día unha ruta concreta na que van recollendo aos seus compañeiros e compañeiras ata que chegan ao seu colexio.

Nenos e nenas na ruta Camiño Escolar

Entre as normas que teñen os Camiños Escolares, que tamén as hai, están a puntualidade;  seguir as recomendacións da Policía Local e Protección Civil, que colaboran coa iniciativa; e respectar os sinais viarios como pasos de peóns e semáforos. O Concello subministra o material necesario para poder desenvolver as rutas, como chalecos reflectantes e mesmo ponchos para a choiva, xa que as condicións meteorolóxicas, salvo casos excepcionais, non son un impedimento para o normal desenvolvemento dos camiños.

Compartir: