Seguridade e tráfico

Seguridade cidadá

Comisaría da Policía Local
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfonos: 981 701 722 e 092

Ver localización

Presentación

Camión Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo

O Concello de Carballo conta cunha comisaría de Policía Local, o municipio é a sede do Parque de Bombeiros Comarcal de Bergantiños situado no polígono industrial de Bértoa e conta cun cuartel da Garda Civil no casco urbano.

Carballo ten, así mesmo, un servizo de Protección Civil integrado por un grupo Subacuático ao que pertencen os socorristas que velan pola seguridade nas praias cada verán; un grupo forestal que conta cunha Brigada de Incendios e un Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir).

Dende hai uns anos, o Concello celebra periodicamente unha Xunta Local de Seguridade na que se fai balance dos índices de delincuencia, dos accidentes de tráfico ou doutros incidentes, e na que se debate sobre as medidas máis axeitadas para seguir avanzando na protección dos veciños e veciñas do municipio.



Galería

Compartir: