PRESENTACIÓN

Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo

Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo

Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto Eu quero Razo – Baldaio, que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa e con novos colectivos e persoas que comparten o mesmo obxectivo: Senda Nova, Adega, Hábitat, IO, Sysca, Balonmán Xiria, Coca-Cola, Ecovidrio, Limpocean e Acciona.

De feito, tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización dos recursos costeiros co convencemento de que canto máis se coñeza, máis se vai respectar. O resultado é o programa de actividades que podes ver de seguido.

PROGRAMA 2024

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

XULLO

AGOSTO

SETEMBRO

PEKEOLIMPIADAS RAZO-BALDAIO

Unha das novidades deste ano son as  I Pekeolimpiadas na area de Razo e Baldaio, que terán lugar os días 7 e 14 de agosto. 
Se tedes menos de 14 anos e xuntades un grupo de 5 amigos/as poderedes participar nesta competición, que terá a primeira eliminatoria o día 7 de agosto. O día 14 coñeceremos aos primeiros/as gañadores/as desta competición.

SUBIDA A MONTE NEME E ASTRONOMIA CON JORGE MIRA

Este ano temos unha interesante novidade na subida nocturna ao Monte Neme que coordina Senda Nova, xa que contaremos coa presenza do profesor Jorge Mira, que nos dará unha clase maxistral sobre astronomía.

OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS

O artista plástico e crebeiro Nando Lestón impartirá o día 17 de xullo un obradoiro no que se transformarán residuos recollidos na praia en obxectos que vas poder agasallar, e ademais encargarase de elaborar os trofeos que se entregarán nas Pekeolimpiadas na Area.

Descargas

Compartir: