PRESENTACIÓN
Presentación do programa do 2024, xunto á Píllara de Razo
Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto Eu quero Razo – Baldaio, que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa e con novos colectivos e persoas que comparten o mesmo obxectivo: Senda Nova, Adega, Hábitat, IO, Sysca, Balonmán Xiria, Coca-Cola, Ecovidrio, Limpocean e Acciona.
De feito, tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización dos recursos costeiros co convencemento de que canto máis se coñeza, máis se vai respectar. O resultado é o programa de actividades que podes ver de seguido.
PROGRAMA 2024
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.
XULLO
- DÍA 3 _ Iniciación á ornitoloxía, a píllara
- DÍA 6 _ Ruta polos "Contos mariños de Carballo", con Xabier Maceiras. Treito 1: Furna Furada-Pedra do Sal
- DÍA 10 _ Explorando as pozas das mareas de Razo
- DÍAS 13 E 14 _ Obradoiro de pegadas e os indicios nos camiños
- DÍA 17 _ Obradoiro de agasallos con crebas
- DÍA 20 _ Limpeza colectiva da marisma de Baldaio
- DÍA 24 _ A nite das avelaiñas de Baldaio
- DÍA 27 _ Fauna e flora das contornas dunares en Baldaio
- DÍA 31 _ Observación astronómica en Baldaio
AGOSTO
- DÍA 3 _ Ruta nocturna ao Monte Neme e Astronomía co Profesos Josrge Mira
- DÍA 7 _ Pekeolimpiadas na area de Razo
- DÍA 10 _ Simulacro de salvamento de Razo
- DÍA 14 _ Pekeolimpiadas na area de Baldaio
- DÍA 17 _ Camiñando a Razo
- DÍA 21 _ Ruta para coñecer os segredos culturais e patrimoniais da nosa costa
- DÍA 24 _ Ruta xeolóxica pola costa da Carballo
- DÍA 29 _ Xornada de eliminación de invasoras en Leira
- DÍA 31 _ Iniciación á fotografía de natureza en Baldaio
SETEMBRO
- DÍA 4 _ “Océanos, lixos mariños e economía circular” Mares circulares Coca-Cola. Antonio Castro, director de proxectos de Chelonia
- DÍA 7 _ Rutas polos "Contos mariños de Carballo", con Xabier Maceiras. Treito 2: Pedra do Sal - Razo
PEKEOLIMPIADAS RAZO-BALDAIO
Unha das novidades deste ano son as I Pekeolimpiadas na area de Razo e Baldaio, que terán lugar os días 7 e 14 de agosto.
Se tedes menos de 14 anos e xuntades un grupo de 5 amigos/as poderedes participar nesta competición, que terá a primeira eliminatoria o día 7 de agosto. O día 14 coñeceremos aos primeiros/as gañadores/as desta competición.
SUBIDA A MONTE NEME E ASTRONOMIA CON JORGE MIRA
Este ano temos unha interesante novidade na subida nocturna ao Monte Neme que coordina Senda Nova, xa que contaremos coa presenza do profesor Jorge Mira, que nos dará unha clase maxistral sobre astronomía.
OBRADOIRO DE AGASALLOS CON CREBAS
O artista plástico e crebeiro Nando Lestón impartirá o día 17 de xullo un obradoiro no que se transformarán residuos recollidos na praia en obxectos que vas poder agasallar, e ademais encargarase de elaborar os trofeos que se entregarán nas Pekeolimpiadas na Area.