Presentación
Na área de Obras e Servizos concéntranse a totalidade das actuacións de obra nova, así como os labores de mantemento do Concello, tanto no que respecta aos edificios municipais e centros de ensino, como na infraestrutura urbana e rede viaria, así como nas redes de subministro e servizos públicos.
Por exemplo, o Concello asume cada ano de forma regular o desbroce das pistas rurais, tanto asfaltadas como sen asfaltar –que supoñen arredor de 1.200 quilómetros de vías das que aproximadamente 1.100 están no rural–, tanto para mellorar o acceso aos núcleos rurais das 18 parroquias do Concello como na súa responsabilidade na prevención de incendios forestais.
Así mesmo, tamén de forma regular, empréndense traballos de rebacheo e mellora do firme para manter as rúas e vías municipais nas mellores condicións posibles.