Cemiterio Municipal
A Concellaría de Obras e Servizos xestiona o cemiterio municipal do Concello de Carballo. O cemiterio presta servizo a toda a veciñanza que o demande, e dispón de máis de cinco mil nichos, ademais de diversos panteóns familiares.
Algúns servizos, tales como a apertura de nichos para inhumacións e exhumacións, traslados de restos, colocacións de lápidas, cambios de titularidade, etc., están suxeitos a autorización municipal e ao pagamento dunha taxa previa. Para a realización de calquera destes trámites é preciso contactar coas oficinas municipais, no teléfono 981704100, ademais de dispor das autorizacións que, en cada caso, estean previstas na normativa de ámbito superior que sexan de aplicación.
Cemiterio Municipal
Rúa Cemiterio, s/n
15100 - Carballo
O cemiterio municipal está aberto ao público de 09.00 a 19.00 horas, de luns a venres, e de 09.00 a 18.00 horas, sábados, domingos e festivos (horario de inverno). No verán pecha unha hora máis tarde. Para emerxencias relativas ao cemiterio municipal pode chamarse ao teléfono 628 501 652.