Servizo de iluminación pública
A UTE “Xestión enerxética e iluminación pública Carballo”, formada por Ferroser e Ferrovial, é a encargada da xestión da iluminación pública, así como da subministración e mantemento das instalacións municipais. Carballo foi o primeiro concello de Galicia en cumprir coa normativa europea sobre alumeado público e contaminación lumínica trala substitución no ano 2014 dos 7.500 puntos de luz do Concello por lámpadas LED de baixo consumo, o que mellorou a calidade do servizo. En 2015 dotarase a rede con outros 300 focos. A UTE asume, ademais, a dotación do alumeado festivo durante as celebracións patronais de San Xoán e nas festas das parroquias e durante o Nadal.
Notificación de avarías:
Os cidadáns poden chamar ao 902 350 365 para trasladar calquera anomalía que se perciba na iluminación pública. Nel recóllense os avisos que a poboación de Carballo queira comunicar durante as 24 horas do día, os sete días da semana. O custo da chamada é o mesmo que o dunha chamada inter provincial. Hai que lembrar, así mesmo, que existe o servizo online Avisaweb para notificar incidencias.