PXOM
Os veciños e veciñas e todos os interesados e interesadas xa poden consultar no web municipal a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A Conselleira de Medio Ambiente e Infraestruturas, Beatriz Mato, asinou o xoves 4 de febreiro de 2016, no salón de plenos da Casa do Concello, a Orde da Xunta de Galicia que supón a aprobación definitiva do planeamento.
*Para poder acceder aos arquivos, recoméndase que se descarguen os documentos en pdf antes de abrilos, debido a seu elevado peso.
Os interesados e interesadas en obter máis información sobre a actual situación urbanística deben dirixirse á Oficina Técnica Municipal (situada no primeiro andar da Casa do Concello) e solicitar os datos correspondentes a cada caso concreto. O horario de atención é de 10.00 a 13.00.