Servizo de inspección urbanística
O Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística, ten unha sección de obras maiores e outra sección de obras menores. O máximo responsable é un arquitecto, e a sección está conformada, ademais, por un técnico xurídico e un inspector urbanístico.
En disciplina urbanística establécese un réxime de inspeccións rutineiras para cubrir o casco urbano de Carballo, as travesías principais e as dezaoito parroquias do municipio. Préstaselle atención especial á zona litoral de protección entre Razo e Baldaio.
No seu labor colaboran ca Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) da Xunta de Galicia, á que o noso Concello está adherido dende o 16 de novembro de 2012.