Terceira idade

Terceira idade

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100
Fax: 981 702 858

Presentación

Actividades para a terceira idade

O Concello de Carballo considera que o colectivo de maiores é un dos que merece maior atención, polo que conta co departamento específico de Terceira Idade. Ao longo do ano celébranse numerosas actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos maiores do municipio. Entre eles hai que subliñar o Programa de Exercicio Físico para maiores que conta con 12 grupos nas parroquias e con outros sete no casco urbano, e no que participan habitualmente medio millar de persoas. Este programa complétase cunha serie de aparellos de ximnasia para maiores situados no Paseo do Anllóns.

Ademais, a Concellaría de Terceira Idade desenvolve ininterrompidamente ao longo de todo o ano bailes para maiores no Pazo da Cultura; e tamén actividades lúdicas e música en directo en distintos puntos da capital municipal con motivo do Nadal, o Magosto ou o Entroido. Os maiores de Carballo contan cunha Residencia para a Terceira Idade de carácter público, así como cun Centro de día, na Praza de Vigo da capital municipal.

Ligazóns

Compartir: