Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Residencia de Maiores

  • Praza de Vigo, nº 11. 15100 - Carballo
  • T.  981 703 256
  • F.  981 754 976

Horario do centro socio comunitario:

  • Todos os días, de 10.30 a 20.00 horas

Residencia de Maiores

A Residencia de Maiores de Carballo conta con 26 prazas dispoñibles para persoas maiores de 60 anos que non sexan dependentes. Nas súas instalacións desenvólvense actividades de traballo social, manualidades, cursos, ou programas de animación cultural, entre outras, e mesmo se realizan excursións e bailes.

As prazas están distribuídas en habitacións dobres e individuais comunicadas con outra habitación a través dunha sala de estar.

O centro conta nas súas instalacións con enfermería, comedor, cociña, servizo de lavandería e perruquería, sala de televisión, un salón de actos multiusos e un centro socio comunitario que está aberto a todos veciños e veciñas para o desenvolvemento de actividades de lecer.

Compartir: