Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Programas de atención

Os programas básicos de atención desenvolvidos polo departamento de Benestar do Concello de Carballo son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Oficina Servizo Sociais

Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

Programa de axuda no fogar

O servizo de Axuda a domicilio está dirixido a toda a poboación, con prioridade para as persoas dependentes. Os beneficiarios/as optan a unha serie de atencións e coidados que teñen o obxectivo de quecontinúen vivindona súa propia contorna, mentres isto sexa posible e conveniente. Este servizo está regulado pola Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar.

Así mesmo, o Concello de Carballo xestiona unha serie de programas ofertados por outras administracións que complementan o servizo de axuda no fogar. Entre eles hai que subliñar a Teleasistencia domiciliaria, que facilita atención inmediata en situacións de emerxencia; o programa Xantar na casa, que ofrece un servizo de comida a domicilio; os programas de respiro familiar, para facilitar o coidado temporalde persoas dependentes con atención especializada e contribuír así ao descanso dos coidadores/as; ou un programa de préstamo de camas adaptadas a través dun convenio co CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña) e de grúas para facilitar a mobilidade das persoas dependentes.

Programa de inserción social

Trátase dun sistema de resposta para as persoas en risco de exclusión social que aplica tanto protocolos de intervención social personalizados como de grupo, ademais de prestacións económicas específicas, como as axudas de emerxencia social proporcionadas polo Concello.

Así mesmo, o Concello favorecea inserción na sociedade de persoas ás que se lle facilita o cumprimento de penas a través de traballos en beneficio da comunidade.

Programa de educación familiar

Presta apoio educativo e psicosocial dirixido ás familias co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, nomeadamente as situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección da infancia.

Programa de fomento da cooperación e solidariedade social

Este programa facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulsa o asociacionismo solidario e o voluntariado social. Así mesmo, Carballo convoca con carácter anual unha liña de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais.

Carballo é ademais socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Programas para maiores

O Concello considera que o colectivo de maiores é un dos que merece maior atención, polo que conta co departamento específico de Terceira Idade. Así, a través do departamento de Servizos Sociais xestiónanse as axudas e a participación nos programas ofertados polo Imserso, como por exemplo os de turismo e termalismo social, así como  polos ofertados por outras administracións.

Ligazóns

Descargas

Compartir: