Inicio Carballo ao día Novas Aberto do 27 de xuño ao 16 de xullo o...

Aberto do 27 de xuño ao 16 de xullo o prazo de solicitude das subvencións anuais para proxectos de actividade deportiva

Mércores 26 de xuño do 2024 Deporte

Desde o 27 de xuño ata o 16 de xullo está aberto o prazo de solicitude das subvencións convocadas polo Concello de Carballo para o financiamento de proxectos de actividade deportiva. As axudas van dirixidas a entidades deportivas que estean inscritas no rexistro oficial de entidades deportivas de Galicia e no rexistro municipal de asociacións do concello de Carballo con carácter previo ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.

A Concellaría de Deporte promove tres liñas de actividades subvencionables:

  • Proxectos de actividade xeral durante o ano 2024, cunha dotación total de 150.000 euros.
  • Eventos deportivos e actividades de carácter extraordinario, con 10.000 euros.
  • Organización e participación en fases de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España, con 15.000 euros.
As bases e o impreso de solicitude poden descargarse máis abaixo. Para calquera dúbida na tramitación están dispoñibles os números de teléfono 981 702 109 (extensión 2852) e 616 971 345.

Descargas

Compartir: