Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para o provisión...

Proceso selectivo para o provisión temporal do persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba

Bases e convocatoria reguladoras do proceso selectivo para o provisión temporal do persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, e de tres operarios de motobomba. 

Publicación do Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 125 de 01/07/2024. 
De conformidade co disposto na base cuarto das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP: desde o martes 2 de xullo ata o luns 8 de xullo de 2024, ambos incluídos.

IMPORTANTE: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

Estimado o recurso de reposición interposto contra as «Bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión temporal do persoal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres operarios de motobomba (programa convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo, para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2023-2024)», por Resolución da Alcaldía núm. 1858/2024, do 08/07/2024, aprobouse modificar as anteditas bases que rexerán a selección como persoal temporal dun (1) xefe de brigada, un (1) peón condutor e tres (3) peóns para a Brigada de prevención e defensa contra incendios, así como, de tres (3) operarios de motobomba.

As bases modificadas están publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello (www.sede.carballo.gal) e na páxina web municipal (www.carballo.gal). Establécese un novo prazo de presentación de instancias de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

Publicado anuncio no BOP da Coruña núm. 132 do 10/07/2024, polo que o NOVO PRAZO de presentación de instancias é desde o DÍA 11/07/2024 ata o DÍA 17/07/2024, ámbolos dous incluídos.

PUBLICACIÓN da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a provisión temporal do persoal para a Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de tres (3) operarios/as de motobomba.

Convocar a todos os membros do tribunal para a valoración de méritos da fase de concurso que terá lugar o martes 23 de xullo do 2024, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Concello de Carballo, sita na segunda planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento requirido segundo a base terceira, letra h) (CELGA 2 / CELGA 3) para a celebración do exercicio da fase de oposición, exercicio de avaliación do coñecemento da lingua galega, que terá lugar o martes 23 de xullo do 2024, ás 12.00 horas, na sala de xuntas do Concello de Carballo, sita na segunda planta da casa do concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar ás persoas aspirantes admitidas para a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, proba física de esforzo, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 10.00 horas, no pavillón Vila de Noia situado na rúa Vila de Noia, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Peón/Peoa Condutor/a para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 11.30 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Peón/Peoa de Brigada para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 12.00 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Operario/a Motobomba para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 12.30 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Convocar ás persoas aspirantes admitidas que opten á praza de Xefe/a de Brigada para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, proba teórico-práctica, que terá lugar o mércores 24 de xullo de 2024, ás 13.00 horas, no edificio da Base de Protección Civil (edificio do antigo ambulatorio) situado na Avenida do Ambulatorio, S/N de Carballo.

Detectouse un erro material no Anexo de persoas aspirantes admitidas, o que foi advertido ao tribunal cualificador, polo que se procede á súa corrección.

23/07/2024
Publicación do ANEXO I - BAREMACIÓN DE FASE DE CONCURSO e do ANEXO II - BAREMACIÓN DA PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

24/07/2024 
Publicación do ANEXO I - BAREMACIÓN DE FASE DE OPOSICION e do ANEXO II - PUNTUACIONS TOTAIS

Descargas

Compartir: