Proceso selectivo de oficial de mantemento de instalacións deportivas (OEP 2022 Estabilización)
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de catro (4) prazas de persoal laboral fixo no posto de OFICIAL MANTEMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 235 do 12 de decembro de 2023.
Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o MÉRCORES 13 DE DECEMBRO DO 2023 ÁS 13.30 HORAS na sala de xuntas do Concello de Carballo.
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.
Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 18/12/2023 e rematará o DÍA 22/12/2023, INCLUÍDO.
Unha vez finalizado o proceso selectivo, en quenda libre e mediante o sistema de concurso, faise pública a proposta de contratación como persoal laboral fixo no BOP de A Coruña núm. 6 do 08/01/2024.
As persoas aspirantes propostas deberán acreditar ante el Concello de Carballo, dentro do prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, os documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Polo que o prazo de acreditación dos documentos xustificativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria será desde o DÍA 09/01/2024 ata o DÍA 05/02/2024, ambos INCLUÍDOS.
Anuncio da contratación como persoal laboral fixo en catro (4) prazas de Oficial Mantemento Instalacións deportivas, incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo. BOP de A Coruña núm. 41 do 27 de febreiro de 2024.
Procederase á formalización dos perceptivos contratos de persoal laboral fixo e á incorporación ao posto de traballo dentro do prazo que se estableza nos mesmos. O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.