Modificación de bases OEP 2022 Estabilización e apertura de novo prazo para o posto de técnico/a de educación familiar
Publicación da modificación das bases xerais e bases específicas dos procesos selectivos a desenvolver polos sistemas de concurso e concurso - oposición correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Carballo incluídas na OEP de 2022, no que se refire ás condicións de admisión dos/as aspirantes á PRAZA DE TÉCNICO DE EDUCACIÓN FAMILIAR.
Prazo de presentación de instancias
Apertura dun novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da nova convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP) desta modificación.
Este novo prazo de presentación de instancias unicamente se abre para aquelas persoas que estean en posesión das titulacións de Diplomado/a ou Graduado/a en Educación Social. Non obstante ao anterior e á apertura dun novo prazo de presentación de instancias, os méritos valoraranse con referencia ao 16 de xaneiro de 2023, data na que rematou o prazo inicial de presentación de instancias aberto trala publicación do anuncio da convocatoria no BOE do 16 de decembro de 2022.
Os/as aspirantes que teñan presentado solicitude de participación dentro do prazo inicial de presentación de instancias, aberto coa publicación no BOE do 16/12/2022 do anuncio da convocatoria, non precisan reiterar a instancia, agás renuncia expresa.
Publicación Bases. BOP núm. 101 de 30/05/2023
PENDENTE de publicación no BOE para a APERTURA DO NOVO PRAZO de presentación de instancias.