Convocatoria das prazas incluídas na OEP 2022 extraordinaria de estabilización derivada da Lei 20/2021
O Concello de Carballo fai públicas as bases xerais e bases específicas e convocatoria das prazas incluídas na OEP 2022 “extraordinaria” ou “adicional” de “estabilización” derivada da Lei 20/2021 de 28 de decembro, de Medidas Urxentes para a Redución da Temporalidade no emprego público.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, DENDE O 19 DE DECEMBRO DE 2022 ATA O 16 DE XANEIRO DE 2023.