O 30 DE ABRIL, NO FÓRUM CARBALLO
Preto de 50 postos de traballo para mozos e mozas na XV Feira de Emprego da Cámara
Participarán empresas como El Corte Inglés, Nauterra (Grupo Calvo), Repsol, Genesal ou IMAN Temporing
Venres 26 de abril do 2024
Case trinta empresas, con preto de 50 ofertas de emprego dirixidas a mozos e mozas rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, participarán na décimo quinta edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o 30 de abril no Fórum Carballo, de 09.00 a 14.00 h.
Participarán compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de Arce Clima, Aseb, Caser, Citanias, Clece Vitam, El Corte Inglés, Flexiplan, FUAC, , Fuerzas Armadas, Fundación Nortempo, Gefico Enterprise y Galopin Playgrounds, Genesal, Grupo Aluman, Grupo EULEN, Grupo Externa, IMAN Temporing, Inserta ONCE, Integra Cee, Nauterra (Grupo Calvo), Northius, Quick Up, Repsol, Samaín Servizos, Synergie, Temporing y Vegalsa-Eroski.
Na comarca de Bergantiños, os postos máis demandados son persoal de tenda e loxística, de cociña, de reparto, soldadores, persoal de limpeza, auxiliares administrativos, mecánicos, soldadores, persoal de reposición e ventas ou persoal de obras entre moitas outros.
A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección. Durante toda a xornada estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.
Os interesados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.