Promoción Económica

Promoción Económica

Feiras e Mercados

Carballo é un cruzamento de camiños entre a comarca de Bergantiños, a Costa da Morte, A Coruña e Santiago de Compostela. Esta situación privilexiada fai que o noso municipio sexa un referente comercial onde atopar todo tipo de produtos: agrícolas, gandeiros, do mar ou manufacturados.

Mercado Municipal

Mercado Municipal

No mercado de Carballo poden adquirirse os mellores produtos naturais, acabados de saír da terra e do mar. A praza de abastos ten sido sempre unha locomotora das feiras e do comercio do centro da capital municipal.

O Concello rematou na primavera do ano 2011 un proxecto de remodelación integral do edificio que transformou o mercado nun espazo moderno que lle dá azos ao comercio do centro carballés e revitaliza a actividade do propio mercado.

Rúa Cervantes, s/n
15100- Carballo
Teléfono:  981 700 310

Recollendo a tradición

Feira de Carballo

O Carballo máis tradicional déixase ver na feira que se celebra todos os xoves e os domingos - segundos, cuartos e quintos domingos de mes - na Praza do Concello da Vila. Herdeira das antigas feiras de Rus e Berdillo, constitúe o lugar idóneo para quen desexe adquirir os mellores froitos das terras de Bergantiños.

O pan de Carballo, as cebolas, os allos, o repolo e as nabizas ou as patacas son só algúns dos produtos que é posible adquirir, listos para ser consumidos con todo o seu sabor. Complementando a feira está o mercadillo da Milagrosa, que ten lugar todos os domingos de feira no cruce de camiños entre Compostela e Fisterra, na contorna do Fórum Carballo. Nel podemos atopar variados produtos para a venda, coma prendas de vestir e téxtil en xeral, produtos para o fogar ou maquinaria agrícola, entre outros.

Descargas



Galería

Compartir: