O concelleiro de Promoción Económica celebrou unha primeira xuntanza de traballo coa nova xunta directiva do CCA
Martes 16 de abril do 2024 Promoción Económica
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, mantivo este luns unha primeira xuntanza de traballo coa nova xunta directiva do Centro Comercial Aberto (CCA), que tomou posesión hai só un mes e que xa está a traballar nos proxectos que desenvolverá ao longo deste ano.
A xerente do CCA, Mari Carmen Freire, presentou aos novos membros da xunta directiva, que está formada por Carlos Cousillas Mosquera, presidente; Silvana Rama Corral, secretaria; Elena Taibo Suárez, tesoureira, e Marcos Silva Gómez, María Alonso Bardanca e Belén Porteiro Mallo, vogais.
Durante o encontro abordouse a necesidade de seguir a coordinar esforzos en materia de programación e información, e nese sentido avanzáronse algunhas das propostas que se desenvolverán ata fin de ano por ámbalas partes.