Do Fórum Gastronomic a Xantar, Carballo promociona os seus mellores produtos nos mellores escaparates turísticos
Mércores 9 de novembro do 2022 Promoción Económica
Xosé Regueira (dereita), cos produtores e empresarios de Bergantiños
Dentro de “A provincia que sabe” non podían faltar os sabores de Carballo. Hoxe remata o Fórum Gastronomic de Barcelona e comeza Xantar en Ourense, e nestes dous excelentes escaparates turísticos están os nosos mellores produtos.
O stand de Turismo da Deputación da Coruña, a área que dirixe o deputado provincial e concelleiro carballés Xosé Regueira, permite facer en Barcelona un percorrido polos sabores máis característicos da provincia a través de degustacións e de iniciativas de promoción de marcas de produtores/as e empresas dos diferentes xeodestinos coruñeses. O noso concello está dobremente representado polas empresas Costumes gastronómicos de Galicia e Licores Bello Blanco.
E este sábado volverá a saber a Carballo no Salón Gastronómico Xantar, onde estarán presentes durante toda a xornada os produtos das Panadaría de Carballo. Ao longo de todo o día ofreceremos degustacións de pan, empanada e pan de ovo no stand de Turismo da Deputación da Coruña.
Atoparedes máis información nas ligazóns inferiores.