DO 1 AO 4 DE SETEMBRO
Berocasión celebra a súa 17ª edición consolidada como a feira máis importante de Galicia en espazos abertos
Luns 29 de agosto do 2022
Presentación de Berocasión 2022
Berocasión xa cumpre 17 anos consolidada como a feira do sector máis importante de Galicia. E para que siga sendo así, Axober, en colaboración co Concello de Carballo, volve a levar as rendas da organización. Co mercado municipal de fondo, hoxe realizouse o acto oficial de presentación coa participación dos 14 concesionarios participantes; o presidente de Axober, Isidro Varela; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde, Evencio Ferrero.
Esta edición, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro nos propios establecementos, volve a celebrarse co formato de xornadas de portas abertas, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo para organizar a feira.
Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, contaremos con 14 participantes:
- DIMOLK - PEUGEOT
- BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
- VEHÍCULOS JUAN LEMA
- REBALCARS AUTOMÓVILES
- VILAS RAMA - CITROEN
- V-CAR - HYUNDAI
- ANTAMOTOR -NISSAN
- JGCAR
- CORGAL AUTOMOVILES KIA
- BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
- GARVI AUTOMÓVILES
- GRUPO BREOGAN - TOYOTA
- PENSADO MOTOR - SKODA
- TALLER CINCO
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento.
Co desexo e a esperanza de que as boas cifras de vendas acadadas nas últimas edicións se repitan, para o que se está a facer un importante esforzo en publicidade, tanto en redes sociais coma en prensa, radio e TVG, Berocasión arrincará o xoves 1 de setembro nos establecementos participantes. A feira, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 durante os catro días, converterá Carballo no lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.