Carballo acollerá unha das seis feiras de dinamización do comercio local promovidas pola Deputación da Coruña
Luns 11 de xullo do 2022 Promoción Económica
A técnica de Promoción Económica participou na xuntanza por vía telemática
A Deputación da Coruña desenvolverá ao longo do verán un proxecto de dinamización do comercio local que inclúe a celebración de seis feiras. Unha delas levarase a cabo no noso concello do 26 ao 28 de agosto, e as outras en Arteixo, As Pontes, Betanzos, Cambre e Culleredo entre este mes e a de setembro. A planificación realizouse nunha xuntanza na que participaron representantes da institución provincial e dos concellos participantes. Carballo estivo representado pola técnica de Promoción Económica, Paula Lema.
A iniciativa está impulsada pola área provincial de Promoción Económica en colaboración cos concellos e tamén do empresariado local, xa que o programa vai destinado a concellos de 10.000 a 50.000 habitantes que conten con asociación de comerciantes e con mesa de comercio.