Promoción Económica

Promoción Económica

Os proxectos de arte urbana de Carballo, no foro internacional CM Málaga

A técnica de Turismo Maite Parga participou nunha xornada profesional sobre “A arte urbana como elemento transformador do espazo público”

Luns 20 de xuño do 2022 Promoción Económica

Maite Parga, á dereita, durante a xornada técnica desta tarde

Maite Parga, á dereita, durante a xornada técnica desta tarde

Profesionais do sector da cultura e dos museos, empresas tecnolóxicas, institucións e universidades participan hoxe e mañá no foro CM Málaga: Culture and Museums International Tech Forum. E alí está o Concello de Carballo para presentar ao mundo os proxectos de arte urbana.

Esta mesma tarde a nosa técnica de Turismo Maite Parga participou nunha xornada técnica profesional sobre A arte urbana como elemento transformador do espazo público xunto con Natalia Pérez, directora creativa de Street Art Málaga, e o artista urbano Mutante Creativo.

Pero tamén se atopa en Málaga o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, ademais de vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, que forma parte do panel de expertos en tecnoloxías aplicadas á cultura e aos museos xunto con representantes da empresa líder en audioguías, do congreso internacional Sonar +D, e do Consello Internacional de Museos, entre outros.

CM Málaga é un encontro internacional e multidisciplinar no que, tomando como referencia os conceptos de cultura e patrimonio, debátese sobre como as novas tecnoloxías están a crear formas de xestión cultural e turística máis sostibles e dixitalmente avanzadas, incidindo no desenvolvemento e a transformación das cidades e dos espazos urbanos, e neste ámbito Carballo é un referente.

Ligazóns

Compartir: