Promoción Económica

Promoción Económica

INSCRÍBETE AQUÍ

O Laboratorio de emprendemento social e solidario comezou o seu segundo mes cun concorrido taller sobre sociedades laborais

A próxima actividade será o día 19: " Obradoiro de innovación: que poden facer as TIC pola economía social"

Luns 2 de maio do 2022

Hoxe a aula de informática do Fórum Carballo estivo moi concorrida

Hoxe a aula de informática do Fórum Carballo estivo moi concorrida

Despois das dúas primeiras iniciativas que se desenvolveron no mes de abril, o Laboratorio de emprendemento social e solidario comezou con forza neste mes de maio, coa aula de informática do Fórum Carballo chea para asistir ao taller informativo impartido polo avogado Gonzalo Gesto para despexar todas as dúbidas sobre as sociedades laborais.

Promover o emprendemento baixo os principios e o modelo da economía social e solidaria, tendo en conta a sustentabilidade ambiental, a defensa da equidade nas relacións económicas, a busca da cooperación, a ausencia de ánimo de lucro e o compromiso coa contorna son os sólidos piares que sustentan esta iniciativa pioneira que nace da colaboración entre o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica, e Reas Galicia, a rede de redes de economía alternativa e solidaria.

Esta primeira experiencia de laboratorio inclúe tres tipos de actividades: obradoiros de innovación baseados nos retos e necesidades do territorio, divulgación de experiencias de economía social inspiradoras, e formación sobre economía social e redes nas que apoiarse a través de talleres formativos. Estas son as iniciativas que se desenvolverán nas vindeiras semanas: 

  • 19 maio. Obradoiro de innovación: que poden facer as TIC pola economía social (4 horas)
  • 30 maio. Mostra de experiencias: finanzas éticas como fórmulas de financiamento de proxectos sociais (2,5 horas)
  • 13 xuño. Mostra de experiencias no ámbito do consumo (2,5 horas)
  • 27 xuño. Mostra de experiencias nos ámbitos dos coidados (2,5 horas)
As inscricións poden realizarse a través do formulario que atoparás máis abaixo.

Ligazóns

Compartir: