Promoción Económica

Promoción Económica

Taller “Como crear a miña propia empresa: o método Do it yourself”, o luns 20 de novembro no viveiro de empresas

Venres 17 de novembro do 2023

A Cámara de Comercio ten organizado para o luns 20 de novembro, de 09.30 a 13.30 horas, o taller Como crear a miña propia empresa: o método Do it yourself, cuxo obxectivo é facilitar de xeito ordenado e cronolóxico os pasos que unha persoa debe dar para poñer en marcha un negocio dende cero.

O taller vai dirixido a persoas emprendedoras que estean dando os primeiros pasos no seu negocio ou que teñan en mente iniciar un, autónomos/as ou empresarios/as que queiran afondar nos seus coñecementos profesionais. Ao longo da mañá impartiranse catro sesións prácticas, que se complementarán coa entrega dun manual a cada asistente.

A actividade, na que colabora a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo, desenvolverase no viveiro de empresas do polígono de Bértoa e será impartida por Ángel Noguerol, responsable de innovación e emprendemento na Cámara de Comercio da Coruña. A inscrición é de balde, e pode realizarse nesta ligazón.

Programa

  • Deseño o meu negocio: proposta de valor, naming e rexistro de dominio, marketing, obxectivos comerciais.
  • Formalizo os trámites: sinatura electrónica, autónomo Vs sociedade, rexistro de denominación social, alta online en empresas, outros trámites (licenzas, contratos, rexistro de marca, etc.).
  • Publicito a miña empresa: presenza en internet, posicionamento, outras aplicacións.
  • Financio o investimento: plan de viabilidade, liñas de financiamento, axudas e subvencións, declaracións e sedes electrónicas.

Compartir: