Promoción Económica

Promoción Económica

Do 20 ao 27 de outubro, mercar no comercio de Carballo ten premio!

Martes 18 de outubro do 2022

Mercar no comercio de Carballo entre o 20 e o 27 de outubro ten premio. En concreto, 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio local.

A Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración do CCA de Carballo, poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”. Todas as persoas que realicen compras no comercio de proximidade entre o 20 e o 27 de outubro poderán participar no sorteo en directo que se celebrará o xoves 27 de outubro, ás 13.30 horas, na rúa Coruña. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nese mesmo lugar.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo, indican dende o CCA. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 10 localidades da provincia.

Compartir: