Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Adxudícase a obra de apertura da rúa Vila de Negreira

OBRAS

Adxudícase a obra de apertura da rúa Vila de Negreira

Xoves 21 de xullo do 2005

O Goberno municipal de Carballo abrirá ao tráfico a rúa Vila de Negreira. A adxudicación da obra decidiuse durante a reunión ordinaria da Xunta de Goberno local, o xoves 21 de xullo, e supón un investimento de 101.900 euros. Esta rúa "vaise converter nunha nova arteria para desconxestionar o tráfico no casco urbano", segundo explicou o alcalde, Evencio Ferrero.

Expertos e profesionais pulan pola creación do novo parque empresarial da Costa da Morte

INDUSTRIA

Expertos e profesionais pulan pola creación do novo parque empresarial da Costa da Morte

Martes 19 de xullo do 2005

A creación dun parque empresarial para a Costa da Morte, ben comunicado e estruturado para atraer o establecemento de grandes empresas na zona, é a principal conclusión da mesa de traballo sobre solo industrial, organizada polo Observatorio socieconómico local de Carballo. A mellora das conexións viarias da zona, a supresión das peaxes na autoestrada A Coruña-Carballo ou as subvencións ao asentamento de empresas, son algunhas das propostas.

O Concello fomenta a protección e difusión dos seus espazos naturais

LECER

O Concello fomenta a protección e difusión dos seus espazos naturais

Martes 19 de xullo do 2005

O Concello de Carballo está a traballar no mantemento e na conservación do seu patrimonio natural que, xunto co artístico, conforman unha ampla oferta de ocio para o verán. Ás tarefas de limpeza e de mantemento de praias, ríos e zonas verdes engádenselles as obras de acondicionamento dos accesos ao areal Razo - Baldaio que acaban de ser autorizadas pola Consellaría de Medio Ambiente e que o Concello pretende comezar de inmediato.

O alcalde participa nunha xornada sobre a xestión do lixo

MEDIO AMBIENTE

O alcalde participa nunha xornada sobre a xestión do lixo

Luns 18 de xullo do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, asistiron a unha xornada na que se analizaron as necesidades do tratamento do lixo e se presentaron solucións para os concellos rurais. Entre os temas a tratar destacaron as taxas de recollida de lixo, os modelos de xestión ou a eliminación dos vertedoiros incontrolados.

Comeza a traballar o equipo do proxecto Equal de Carballo

IGUALDADE

Comeza a traballar o equipo do proxecto Equal de Carballo

Luns 18 de xullo do 2005

O equipo do proxecto Equal do Concello de Carballo desenvolverá o seu traballo orientado a crear estratexias que pretenden contribuír á eliminación da desigualdade de xénero no mercado laboral, en coordinación cos equipos formados en Cerceda e na Coruña. O proxecto Equal, "En plan de igualdade", é unha iniciativa da Unión Europea para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e a conciliación da vida laboral e familiar.

A fusión de soul e jazz de Charmaine Neville chega a Carballo

VERÁN CULTURAL

A fusión de soul e jazz de Charmaine Neville chega a Carballo

Venres 15 de xullo do 2005

A banda de Charmaine Neville chega a Carballo o domingo 17 de xullo para presentar os seus últimos traballos nos que fusiona blues, jazz, soul, rock e música étnica. O concerto é na praza do Concello a partir das 22.30 horas. A oferta lúdica destes días complétase coa actuación do grupo carballés Fol de veneno e co espectáculo de maxia Benjamín e Loli, o venres 15 de xullo.

O novo Regulamento de Participación cidadá, a debate en comisión informativa

COMISIÓN INFORMATIVA

O novo Regulamento de Participación cidadá, a debate en comisión informativa

Venres 15 de xullo do 2005

A comisión informativa de Acción social, Participación e Persoal reunirase o mércores 20 de xullo para tratar, entre outras cuestións, o novo Regulamento de Participación cidadá. Nesta sesión vanse debater as emendas que foron presentadas polo grupo municipal do Partido Popular. Ese mesmo día celebrarase tamén a comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento, na que se tratarán diversas modificacións puntuais do PXOM, ademais da concesión da construción e explotación dun aparcadoiro subterráneo no ámbito da praza do Concello.

O Concello insta á Xunta a garantir o servizo de autobuses que realizaba Arriva

TRANSPORTE PÚBLICO

O Concello insta á Xunta a garantir o servizo de autobuses que realizaba Arriva

Xoves 14 de xullo do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comprometeuse con representantes da CIG a lle solicitar por escrito á Dirección xeral de Transportes que garanta a continuidade do servizo público que realizaban os autobuses da empresa Arriva na comarca, antes de ser comprada por tres empresas diferentes.

O debate sobre o solo industrial pecha o foro socioeconómico en Carballo

OBSERVATORIO LOCAL

O debate sobre o solo industrial pecha o foro socioeconómico en Carballo

Mércores 13 de xullo do 2005

O Observatorio económico local de Carballo celebra unha mesa de traballo sobre o solo industrial, o mércores 13 de xullo a partir das 18.30 horas. Na reunión exporanse as principias liñas estratéxicas de actuación para a promoción deste sector recollidas no documento Desenvolvemento de solo industrial na Costa da Morte: liñas estratéxicas de actuación. Ao comezo da reunión intervirá o concelleiro delegado de Urbanismo, Obras e Desenvolvemento rural, Manuel Andrade Cristóbal.

O Concello recibe 20.000 euros para o Conservatorio Municipal

ENSINO

O Concello recibe 20.000 euros para o Conservatorio Municipal

Martes 12 de xullo do 2005

O Concello vén de recibir unha subvención da Deputación da Coruña por un total 20.000 euros, o importe máximo establecido na convocatoria destinada a conservatorios e escolas de música de titularidade municipal para o ano 2005. O obxectivo desta axuda é o de colaborar co Concello "na súa tarefa de promoción e de difusión da música, ao lle permitir que continúe ofrecendo esta formación de calidade".

Expertos e profesionais debaten sobre a dinamización do turismo na Costa da Morte

OBSERVATORIO ECONÓMICO

Expertos e profesionais debaten sobre a dinamización do turismo na Costa da Morte

Martes 12 de xullo do 2005

O Observatorio Socioeconómico de Carballo, promovido pola Cámara de Comercio da Coruña a través da súa Antena Local, celebra unha mesa de traballo sobre o sector turístico. Na reunión intervirán o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Luis Pan, e o xerente do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, Ignacio Fernández Dosil.

O Concello ultima un regulamento que incentiva a colaboración veciñal coa administración

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O Concello ultima un regulamento que incentiva a colaboración veciñal coa administración

Luns 11 de xullo do 2005

O borrador do novo Regulamento de Participación cidadá introduce importantes melloras na integración dos veciños nas xestións do Concello. O obxectivo do texto é aproximarlles a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. "É no nivel local onde o dereito á participación pode ser mellor exercitado, e onde é máis fácil a evolución da democracia representativa cara á democracia participativa", sinálase no texto, que se vai debater na próxima Comisión informativa xunto coas alegacións que presenten os grupos municipais.

Compartir: