VERÁN CULTURAL
Venres 29 de xullo do 2005
Big Chief Bo Dollis & The Wild Magnolias traen á Praza do Concello de Carballo o seu vistoso espectáculo de funk, jazz e foclore, a partir das 22.30 horas. Tamén o venres 29 de xullo, os máis pequenos van poder asistir a A dragoa e o cabaleiro, unha representación do grupo teatral Picompé. Será no xardín municipal a partir das 20.00 horas.
SOLIDARIEDADE
Venres 29 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o responsable de promoción do Centro de Transfusión de Galicia, Antonio Carcedo Calvo, presentaron a campaña "Comparte saúde. Doa sangue", que se desenvolverá o luns 1 e o martes 2 de agosto. O rexedor pediulle aos veciños maior sensibilidade "cunha necesidade social existente, especialmente nas épocas estivais nas que aumenta o número de accidentes".
INSERCIÓN LABORAL
Xoves 28 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, entregoulle os diplomas do curso do proxecto Proximitas da Deputación da Coruña, ás dezaseis alumnas participantes. No acto, celebrado no Pazo da Cultura, estivo presente o concelleiro delegado de Participación veciñal, Emprego e Promoción económica, Manuel Trigo Varela.
POBOACIÓN
Xoves 28 de xullo do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, entregoulle o xoves 28 de xullo un diploma acreditativo ao habitante número 30.000, o carné Carballo Porta aberta, que lle dará acceso gratuíto ás instalacións deportivas municipais durante un ano e un pase bono para todas as actividades culturais que organice o Concello ata xullo do 2006. O protagonista asinou no libro de honra para amosar o seu agradecemento.
PLENO MUNICIPAL
Mércores 27 de xullo do 2005
O Pleno da corporación municipal de Carballo aprobou as bases do concurso para a concesión da obra de construción e explotación do aparcadoiro subterráneo e do edificio comercial que se vai realizar na Praza do Concello. No proceso de contratación, mediante procedemento aberto, ademais dos grupos políticos van participar representantes dos praceiros e dos comerciantes. O alcalde explicou que o proxecto pretende "dinamizar o comercio no casco urbano de Carballo".
PLENO MUNICIPAL
Mércores 27 de xullo do 2005
O Pleno da corporación de Carballo aprobou definitivamente, na súa sesión do 26 de xullo, a Ordenanza municipal para a instalación e o funcionamento de instalacións de telefonía móbil e doutros servizos de telecomunicación e difusión no Concello, coa incorporación da resolución de alegacións presentadas.
POBOACIÓN
Mércores 27 de xullo do 2005
O Concello de Carballo acadou os 30.000 habitantes o 27 de xullo, segundo os datos do Padrón municipal. O Goberno municipal valora de xeito moi positivo este crecemento da poboación, que considera indicativo das melloras que se están a realizar na dinamización económica do concello. O alcalde, Evencio Ferrero, farálle entrega dun diploma ao habitante 30.000 nun acto que se celebra o xoves 28 de xullo nas oficinas da Alcaldía.
POBOACIÓN
Mércores 27 de xullo do 2005
O Concello de Carballo acadou os 30.000 habitantes o 27 de xullo, segundo os datos do Padrón municipal. O Goberno municipal valora de xeito moi positivo este crecemento da poboación, que considera indicativo das melloras que se están a realizar na dinamización económica do concello. O alcalde, Evencio Ferrero, farálle entrega dun diploma ao habitante 30.000 nun acto que se celebra o xoves 28 de xullo nas oficinas da Alcaldía.
SANEAMENTO
Martes 26 de xullo do 2005
Carballo vai dispoñer dunha depuradora experimental na parroquia de Cances, que dará servizo a 500 veciños e substituirá a que existe actualmente en Cances Grande. O proxecto realízase en colaboración coa Deputación e coa Universidade da Coruña. O Concello porá a disposición desta institución os terreos adquiridos por un total de 3.000 euros no lugar da Granxa (Cances).
25 DE XULLO
Venres 22 de xullo do 2005
A través dos séculos, a través da Historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar da Patria. Un solar sen lindeiros, que non só se asenta no chan da nosa xeografía senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, o berro co que pedimos liberdade.
VERÁN CULTURAL
Xoves 21 de xullo do 2005
Luis de Matos, un dos magos de máis éxito en Portugal, chega á Praza do Concello de Carballo o venres 22 de xullo, a partir das 22.30 horas, para presentar Close up, un espectáculo no que os trucos máis antigos do mundo se combinan con outros exclusivos do ilusionista e totalmente anovadores. O traballo de Luís de Matos está avalado polos premios máis prestixiosos do mundo da maxia, entre eles o do "Máxico do ano", recoñecido pola Academia de Hollywood.
Xunta de Goberno local
Xoves 21 de xullo do 2005
A Xunta de Goberno local aprobou dous convenios de colaboración coa Consellaría de Cultura, Comunicación social e Turismo, un para a realización de diversas actividades culturais e o outro para o desenvolvemento do programa Cultura Túa, de divulgación do patrimonio. A participación económica da Consellaría supera os 7.000 euros.