Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O  Concello acolle a última xuntanza do 2005 da Rede Municipal Solidaria

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN

O Concello acolle a última xuntanza do 2005 da Rede Municipal Solidaria

Martes 18 de outubro do 2005

O Concello de Carballo acolleu a última xuntanza do 2005 da Rede Municipal Solidaria, integrada na área de A Coruña por mais de trinta concellos que desenvolven políticas de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur e que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego é unha entidade municipalista que impulsa e coordina os esforzos da cooperación internacional ao desenvolvemento que promoven os concellos e deputacións de Galicia. O concello de Carballo pertence a este organismo dende o 2004

O Observatorio Socioeconómico de Carballo presenta novos proxectos

CÁMARA DE COMERCIO

O Observatorio Socioeconómico de Carballo presenta novos proxectos

Martes 18 de outubro do 2005

O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolleu a celebración dunha conferencia do Director Xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, en relación ó Observatorio de Antena Cameral. O Observatorio Socioeconómico de Carballo convocou esta nova reunión co obxectivo de presenta-los proxectos concretos que o Observatorio e a propia Antena Local podan promover.

O Concello aproba cinco novas solicitudes de vados permanentes

LICENZAS

O Concello aproba cinco novas solicitudes de vados permanentes

Martes 18 de outubro do 2005

A Xunta de Goberno local aprobou a autorización de cinco novos vados permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro.

O Concello acóllese ó Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado

TRANSPORTE ADAPTADO

O Concello acóllese ó Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado

Luns 17 de outubro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asistiu a unha xuntanza en Santiago co obxectivo de que o Concello de Carballo se acolla ó Programa de Apoio Normalizado de Transporte Adaptado. O acto tivo lugar na vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Con este acordo preténdese garantir ás persoas con algún grao de dependencia a máxima integración nos servizos xerais dos seu contorno, favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social.

O Concello demanda a instalación de contenerización soterrada

CONTENERIZACIÓN SOTERRADA

O Concello demanda a instalación de contenerización soterrada

Luns 17 de outubro do 2005

A Xunta de Goberno Local de Carballo acordou solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de contenerización soterrada, a emprazar nos terreos propiedade do Concello sitos na rúa Coruña.

Aprobado o Prego para a instalación dun ascensor na casa do Concello

CONTRATACIÓN

Aprobado o Prego para a instalación dun ascensor na casa do Concello

Luns 17 de outubro do 2005

A Xunta de Goberno Local acordou aproba-lo Prego de Prescripcións Técnicas para o suministro e instalación dun ascensor eléctrico na casa do Concello de Carballo. O acordo recolle a elección como sistema de adxudicación o procedemento negociado sen publicidade para a adxudicación do suministro referido.

Carballo conta cunha nova ordenanza que regula a instalación e funcionamento da telefonía móbil

TELECOMUNICACIÓNS

Carballo conta cunha nova ordenanza que regula a instalación e funcionamento da telefonía móbil

Venres 14 de outubro do 2005

O Concello de Carballo aprobou definitivamente a Ordenanza municipal para a instalación e o funcionamento de instalacións de telefonía móbil e doutros servizos de telecomunicacións e difusión no termo municipal de Carballo. "O forte desenvolvemento da tecnoloxía móbil, o importante impacto das súas instalacións na paisaxe rural e urbana e a carencia de normativa municipal específica en Carballo obrigaron o Concello a intervir no proceso", explícase no texto.

O Festival Outono de teatro enche a fin de semana de actividades lúdicas

LECER

O Festival Outono de teatro enche a fin de semana de actividades lúdicas

Venres 14 de outubro do 2005

Unha orixinal versión da Medea grega, unha adaptación do Tartufo de Molière e a aposta provocadora da compañía madrileña Sexpeare, inauguran a XIV edición do Festival internacional Outono de teatro, que se celebra en Carballo ata o 1 de novembro. Para os máis pequenos, o Fiot ofrece o espectáculo de máscaras, música e humor, dos Quinquilláns, que representan Moby Dick o sábado ás 19.00 horas e os afeccionados aos monólogos terán a oportunidade de asistir ás dúas primeiras fases do Certame de dramatización de monólogos cómicos na cervexaría Dublín.

A Consellaría de Obras públicas realiza o pagamento das expropiacións da estrada a Malpica

PAGAMENTO

A Consellaría de Obras públicas realiza o pagamento das expropiacións da estrada a Malpica

Xoves 13 de outubro do 2005

O Concello de Carballo anuncia que o Servizo de Estradas da Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transportes vai facer o pagamento dos expedientes de expropiación forzosa por mor da obra "Acondicionamento da estrada AC-414 Carballo - Malpica de Bergantiños" no treito Carballo - Buño, das fincas expropiadas no termo municipal de Carballo.

O Concello organiza dous cursos de normalización lingüística na empresa

LINGUA

O Concello organiza dous cursos de normalización lingüística na empresa

Martes 11 de outubro do 2005

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de normalización lingüística, organiza dous cursos dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción de uso do galego no ámbito socioeconómico. Nos cursos, que se celebrarán entre os meses de outubro e novembro, tratarase de mellorar a comunicación empresarial e a atención ao público de todos os asistentes.

Evencio Ferrero reúnese con alcaldes da Costa da Morte para buscar solucións a problemas comúns

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Evencio Ferrero reúnese con alcaldes da Costa da Morte para buscar solucións a problemas comúns

Martes 11 de outubro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mantivo unha reunión cos alcaldes de Zas e Ponteceso, e cun representante do Goberno municipal de Carnota, na que se estableceron as demandas estratéxicas que se lle presentarán á Xunta de Galicia para resolver problemas e carencias comúns de todos os concellos da Costa da Morte. "É fundamental buscar puntos de coincidencia independentemente de cales sexan as siglas políticas nas que militemos", explicou Ferrero.

Compartir: