XUNTA DE GOBERNO
Mércores 2 de novembro do 2005
A Xunta de Goberno local do pasado luns, 31 de outubro, aprobou a concesión das subvencións a varias Asociacións Culturais do concello, presentadas á Convocatoria de Subvencións ás Asociacións Culturais para a Realización de Actividades Puntuais durante o ano 2005. Éstas foran aprobadas pola Xunta de Goberno Local celebrada o 12 de maio de 2005.
HOSTELERÍA
Mércores 2 de novembro do 2005
Segundo se desprende dos datos facilitados por varios establecementos do concello, o mes de agosto foi o de máis ocupación durante o pasado verán. A media situouse, aproximadamente, no 83%, e en varios establecementos rexistráronse nivéis superiores o 90%.
LECER
Venres 28 de outubro do 2005
O Pazo da Cultura acollerá, a partir das 21,00 horas, a celebración do V Certame de Dramatización de Monólogos Cómicos, dentro do Festival Internacional Outono de Teatro que organiza a Asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo. Seis serán os finalistas desta quinta edición do Certame, que conta cun primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros e un terceiro galardón de 100 euros.
CONVENIO
Venres 28 de outubro do 2005
A Deputación de A Coruña deu a coñecer en Carballo a próxima finalización dun estudio e valoración de necesidades en infraestructuras eléctricas e gasistas en 17 municipios da Costa da Morte, entre os que está Carballo. O estudio é froito dun convenio de colaboración entre o ente provincial e a Universidade de A Coruña, concretado a finais do pasado exercicio.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Venres 28 de outubro do 2005
O Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presidiu o acto de presentación do Plan Estratéxico da Provincia no Salón de Plenos do Concello de Carballo. Un Plan que naceu froito da colaboración do ente provincial coa Fundación Caixa Galicia e as universidades de Santiago e A Coruña, e que pretende analizar pormenorizadamente os déficits e potencialidades da provincia e articular liñas de actuación que favorezan o desenvolvemento socio-económico do territorio.
SANIDADE
Xoves 27 de outubro do 2005
A Dirección Xeral de Saúde Pública ven de confirma-lo bo estado das zonas de baño habilitadas en 2005 no Concello de Carballo -Razo, Baldaio, Pedra do Sal e Ría de Baldaio-. Os catro enclaves resultaron aptos para o baño, conforme ao decreto polo que se regula a declaración de zonas de baño habilitada na Comunidade Autónoma de Galicia.
ACORDO PLENARIO
Xoves 27 de outubro do 2005
A Corporación Municipal do Concello de Carballo aprobou por unanimidade, na sesión de 25 de outubro, unha moción da Alcaldía relativa á declaración do patrimonio inmaterial intanxible da tradición oral galego-portuguesa como obra mestra do patrimonio inmaterial da humanidade. A corporación expresa así o seu apoio á candidatura presentada pola asociación Ponte ...nas Ondas, unha experiencia educativa que integra o traballo activo cos medios de comunicación e as novas tecnoloxías nas aulas.
GRIPE AVIARIA
Xoves 27 de outubro do 2005
A Consellaría do Medio Rural aplica desde hoxe mesmo a prohibición de concentrar aves en feiras, mercados e eventos culturais en todo o territorio galego, tal e como se estableceu recentemente nunha reunión do Comité de Alerta Veterinaria e Sanidade Animal, celebrada en Madrid. A esta reunión acudiu, en representación do goberno galego, o subdirector xeral de Gandería, Francisco Chivite quen, xunto co director xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca, ven de explicar o protocolo de actuación que está levando a cabo a Consellaría para detectar a aparición de focos da gripe aviaria en Galiza.
URBANISMO
Mércores 26 de outubro do 2005
O concelleiro delegado de Urbanismo, Manuel Andrade, mantivo unha reunión co Director Xeral de Urbanismo na que se abordaron tódalas modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O encontro foi, según Andrade Cristóbal, moi satisfactorio, xa que "os problemas e resolucións das modificacións puntuais teñen todas solución", comentou o concelleiro de Urbanismo.
SESIÓN PLENARIA
Mércores 26 de outubro do 2005
Durante o Pleno municipal do 25 de outubro, José Antonio Periscal presentou a súa renuncia como concelleiro delegado de Deportes e Emigración, despois de pouco máis de dous anos como Concelleiro. A renuncia de José Antonio Persical provocará cambios no reparto de competencias do grupo municipal do BNG. O alcalde, Evencio Ferrero asumirá a área de Deportes, en tanto que Emigración dependerá da nova concelleira, Dolores Silveira, que tamén asumirá as áreas de Muller e Sanidade. Juan Ramón García del Río seguirá tendo responsabilidades en materia de Servizos Sociais.
LECER
Mércores 26 de outubro do 2005
A Filharmonía de Galicia e os Monicreques de Kukas abrirán, o videiro 4 de novembro, ás 19,30 horas, o Novembro con Música 2005 do Concello de Carballo. O alcalde da localidade, Evencio Ferrero, o director xeral de Cultura, Luis Bará, e a delegada provincial de Cultura, Milagros Lantes, presentaron esta primeira actuación, antes de visita-las instalacións do Pazo da Cultura. A Real Filharmonía de Galicia interpretará Don Quixote (Suite) -Georg Philipp Teleman-, Catro cancións sobre textos de Manuel Curros -Orquestación de Juan Durán- e El retablo de Maese Pedro -Manuel de Falla-.
REUNIÓN EN CARBALLO
Martes 25 de outubro do 2005
Os Concellos de Carballo, Santa Comba, Cerceda e Tordoia demandarán da Xunta de Galicia a mellora da estrada AC-400, entre Sigrás e Muros. Os catro alcaldes destes municipios, Evencio Ferrero, José Antonio Toja, José García Liñares e Antonio Pereiro, celebraron unha xuntanza da que trascendeu a necesidade de participar dunha reunión coa conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, na que lle exporán o deficiente estado que presenta o vial, nun tramo de catorce kilómetros. O encontro entre os catro rexedores tivo lugar na casa do Concello de Carballo, que foi quen promoveu a devandita reunión.