Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

PLAN INTEGRAL DE ACCESIBILIDADE

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

Luns 14 de novembro do 2005

O Concello de Carballo e a empresa FUNDOSA procederon á firma do contrato que posibilitará o desenvolvemento no municipio dun plan de eliminación de barreiras arquitectónicas. O obxectivo é facilitalle ás persoas con mobilidade reducida o tránsito polo o casco urbano, así como a entrada aos edificios municipais.

Autorizados vinte novos vaos permanentes

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados vinte novos vaos permanentes

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización de vinte novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro.

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local do 14 de novembro acordou adxudicar os traballos para a elaboración dun novo inventrario de bens do Concello, baixo un presuposto de 62.640,00 euros. Unha vez den comenzo os traballos, a prazo para a execución dos mesmos será de catro meses. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables.

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

PROXECTO SINGRA

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

Venres 11 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura acolle a celebración das Xornadas Tercer Sector, Empresa e Acción Social, que conlúen ás oito da tarde deste venres 11 de novembro. Nesta mañá, os directores das obras de Caixa Galicia, Caixanova, Cajamadrid e La Caixa analizacin a acción social dende as caixas de aforros. Ademáis, a Fundación Eroski, Transportes Metropolitanos de Barcelona e a Fundación Vodafone debatiron en torno ás experiencias de financianción de proxectos dende a empresa.

O Concello avanza na tramitación da nova ampliación do Polígono Industrial de Bertoa

POLÍGONO INDUSTRIAL

O Concello avanza na tramitación da nova ampliación do Polígono Industrial de Bertoa

Venres 11 de novembro do 2005

O Concello de Carballo segue a dar pasos na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono de Bértoa. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, plantexou ante o Director Xeral do Instituto de Vivenda e Solo, Daniel Pino Vicente, a necesidade de seguir desenvolvendo o recinto empresarial, coa realización dunha nova ampliación. Ambas partes analizaron dous espazos a desenvolver, de máis de 11 e 42 hectáreas. Un total de 54 hectáreas que virían a complemetar ás 74 da segunda fase.

O Concello elaborará un novo inventario de bens

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello elaborará un novo inventario de bens

Venres 11 de novembro do 2005

A proposta da mesa de contratación para a adxudicación dos traballos para elaborar un novo inventrario de bens do Concello será un dos asuntos da Xunta de Goberno Local a celebrar o luns, 14 de novembro. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables. O secretario da corporación e o concelleiro de Patrimonio encargaranse da supervisión do inventario. A súa elaboración costará en torno aos 80.000 euros.

Tres conferencias abren as Xornadas ‘Tercer Sector, Empresa e Acción Social’

PROXECTO SINGRA

Tres conferencias abren as Xornadas ‘Tercer Sector, Empresa e Acción Social’

Xoves 10 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura de Carballo acolle desde hoxe as primera xornadas que analizan en Galicia a relación entre as empresas e as entidades non lucrativas, baixo o título Tercer Sector, Empresa e Acción Social e organizadas polo proxecto Singra da Cruz Vermella en Galicia e o Concello de Carballo. A recepción de participantes terá lugar ás 15,30 horas e a presentación das Xornadas ás 16,00 horas.

O Concello xestiona unha nova ampliación do solo industrial de Bértoa

POLÍGONO INDUSTRIAL

O Concello xestiona unha nova ampliación do solo industrial de Bértoa

Xoves 10 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manterá o venres, 11 de novembro, unha xuntanza co Director Xeral do Instituto de Vivenda e Solo, Daniel Pino Vicente, en torno á posible ampliación do Polígono Industrial de Bértoa nunha nova fase. A reunión sucede a outra celebrada hai escasos días en Xestur Coruña, onde o Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Juan Carlos Bascuas, comprometeuse a facer de valedor ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para estudiar e dictaminar de qué maneira se pode facer a ampliación.

O jazz, protagonista na segunda fin de semana do Novembro con Música

CULTURA

O jazz, protagonista na segunda fin de semana do Novembro con Música

Xoves 10 de novembro do 2005

Tralas actuacións da Real Filharonía de Galicia, coa colaboración dos Monicreques de Kukas, e o Labirinto dos Soños, o jazz será o protagonista da segunda fin de semana do Novembro con Música do Concello de Carballo. A concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, achega a actuación, o sábado 12 de novembro, de Savoy Jazz ao Pazo da Cultura.

Reanúdase o programa Aprender para Educar

ENSINO

Reanúdase o programa Aprender para Educar

Mércores 9 de novembro do 2005

O venres 11 de novembro reanúdase o programa para nais e pais Aprender para educar, do Concello de Carballo. Xunto coa Asociación Sociopedagóxica Galega, márcase o obxectivo de compartir aprendizaxes, sentimentos e experiencias para que as nais e os pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz aos seus fillos e fillas. Así, a partir das 20,00 horas do venres, no Pazo da Cultura, celébrase a terceria das xornadas do programa. Unha conferencia a cargo de Ramón Veras Castro, médico de familia, baixo o título Educación para a saúde.

Indeza realizará os traballos de estructura da Casa dos Oficios

OBRAS NA MILAGROSA

Indeza realizará os traballos de estructura da Casa dos Oficios

Mércores 9 de novembro do 2005

A empresa Indeza será a encargada de construir a estructura das dúas primeiras naves da Casa dos Oficios de Carballo. O Concello procedeu á firma do contrato coa empresa adxudicataria, que ten intención de comenzar a vindeira semana cos traballos no Campo da Feira da Milagrosa. A obra adxudicouse por algo máis dun millón de euros.

O Concello participará na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello participará na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 8 de novembro do 2005

O Concello de Carballo acollerase, un ano máis, á Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, ten proxectado facer a Deputación da Coruña. A actividade está enmarcada dentro da programación deportiva do ente provincial para o ano 2006 e desenvolverase na última semana de xaneiro e durante os meses de febreiro e marzo.

Compartir: