CULTURA
Xoves 15 de decembro do 2005
O Pazo da Cultura acolle este xoves, 15 de decembro, a presentación do libro A Memoria de Carballo dos escritores Xan Fraga e Carlos Díaz Martínez. Trátase dunha monografía na que se fala da historia de Carballo e dos elementos vinculados á súa memoria, como o río Anllóns, a poboación, a música, a arquitectura ou a economía. Ademáis, o acto contempla a presentación dunha serie de fotografías a modo de postais que ilustran os elementos mencionados.
EDUCACIÓN
Xoves 15 de decembro do 2005
A necesidade de impulsar a Escola de Idiomas de Carballo foi un dos temas que abordou o alcalde da localidade, Evencio Ferrero, nunha entrevista co Delegado Provincial de Educación. O rexedor local fixo saber a necesidade de que a Escola de Idiomas sexa recoñecida oficialmente e que se introduzan novos idiomas para os cursos sucesivos. O Delegado Provincial de Educación entendeu a situación plantexada polo alcalde de Carballo e a necesidade de darlle un impulso á Escola de Idiomas durante o vindeiro ano.
POLÍGONO DE BÉRTOA
Xoves 15 de decembro do 2005
O Concello de Carballo segue a dar pasos na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, plantexou nunha xuntanza en A Coruña, ante o presidente de Xestur Coruña, Luis Barcia, e o Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Juan Carlos Bascuas, a necesidade de seguir desenvolvendo o polígono industrial de Bértoa, coa realización dunha nova ampliación que complemente ás 74 hectáreas que se están a desenvolver na actualidade.
EN MENOS DE SEIS MESES
Xoves 15 de decembro do 2005
Dende que botara a andar, a comezos do mes de xullo, a web municipal recibiu un total de 250.000 consultas. Polo de agora, outubro foi o mes que rexistrou unha maior afluencia de usuarios, acadando máis de 58.000 visitas. A web www.carballo.org afianzouse xa como unha referencia informativa para os habitantes do municipio.
INSCRICIÓN PADROAL
Mércores 14 de decembro do 2005
O vindeiro xoves, 22 de decembro, remata o prazo de renovación do padrón para os primeiros 274 habitantes sen residencia permanente -extranxeiros non comunitarios-. O Concello de Carballo fai un chamamento a todos aqueles que aínda non pasaron a renovar a inscrición padroal, para que o fagan antes de cumplirse o prazo.
CULTURA
Mércores 14 de decembro do 2005
O videniro venres, 16 de decembro, remata o ciclo de conferencias do programa Aprender para Educar, dirixido a pais e nais do concello de Carballo. A conferencia Como facer lectores organizada pola Concellaría de Ensino e pola Asociación Sociopedagóxica Galega celébrase o venres a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, cunha charla a cargo de Carme Loriga Tomé, licenciada en Psicoloxía e responsable da biblioteca Uxío Novoneyra do IES Anxel Casal.
LECER
Mércores 14 de decembro do 2005
O Concello de Carballo, en colaboración con Creativa Dixital, Grupo Gadisa e a Secretaría Xeral para o Deporte, habilitará estas festas do Nadal unha pista de xeo na localidade. O Pavillón Bergantiños convertirase nun punto de encontro para familias de toda a comarca, que poderán disfrutar dun servizo exclusivo, ata agora, ás grandes cidades. Desde o vindeiro luns 19 de decembro, e ata o 15 de xaneiro, abrirase ao público a instalación, onde se poderán alugar os patíns en perfecto estado e recibir asesoramento por parte dos monitores que velan porque todo se desenvolva con normalidade.
OBRAS
Martes 13 de decembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de manter unha xuntanza co Director Xeral de Estructuras e Infraestructuras Agrarias, Xosé Carballido Presas, para coñecer os plans de Medio Rural ao respecto das obras a desenvolver nun Plan para 2006. A xuntanza respondiu á necesidade do Concello de centrarse en obras que contribúan a fixar poboación e podan crear elementos de dinamización do mundo rural, sempre vinculados ao sector productivo.
LECER
Martes 13 de decembro do 2005
O Concello de Carballo porá en funcionamento, ata mediados do vindeiro mes de xaneiro, unha pista de xeo na localidade. Este martes, 13 de decembro, terá lugar na Casa do Concello a presentación do proxecto, acto no que ademáis do alcalde da localidade estará presente a Delegada Provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes.
XUNTANZA
Martes 13 de decembro do 2005
O Concelleiro delegado de Urbanismo, Manuel andrade, mantivo unha reunión co Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, na que lle trasladou varias demandas en materia de, fundamentalmente, comunicación e infraestructuras. Unha estrada de circunvalación, o enlace da AG-55 con Razo e Baldaio, a promoción de solo industrial, a necesidade dun hospital comarcal, unha zona deportiva no Bosque ou as resolucións das modificacións urbanísticas pendentes no concello foron algunhas das principais demandas que trasladou o Concelleiro de Urbanismo nesa xuntanza mantida en Santiago.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 12 de decembro do 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 12 de decembro, a autorización de tres novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Rosas, Gran Vía e Vila de Noia.
REVISIÓN DO CATASTRO
Luns 12 de decembro do 2005
O Pazo da Cultura de Carballo acolle desde este luns, 12 de decembro, a exposición ao público dos planos e documentación de todo o término municipal, logo de que o Concello veña de rematar os traballos previos de revisión do catastro de bens inmobles rústicos. O plazo de exposición prolongarase ata o 30 de decembro, tras unha revisión na que se contabilizaron 63017 parcelas e 12573 titulares.