OBRAS
Luns 9 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de iniciar a dotación de beirarrúas no entorno do Insituto Alfredo Brañas, no treito que vai desde o colexio das Monxas até o Pavillón Vila de Noia. As obras de construcción comezaron onte na esquina do colexio, do que está previsto reformar a escaleira para mellorar a accesibilidade. Nesa marxe dereita da rúa continuará a colocación de beirarrúas até o cruce coa rúa Vila de Corcubión, para seguir por diante do instituto Alfredo Brañas e un tramo da rúa Vila de Ordes.
LECER
Xoves 5 de xaneiro do 2006
Este xoves, 5 de xaneiro, Carballo recibe a tradicional visita dos Reis Magos, cunha cabalgata que encherá de cor as rúas do concello e onde os máis pequenos serán os verdadeiros protagonistas. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas.
TELECOMUNICACIÓNS
Xoves 5 de xaneiro do 2006
A empresa de telecomunicacións R ten previsto comenzar esta semana as obras de instalación da súa rede de fibra óptica no casco urbano de Carballo. Os traballos comezarán, en principio, no barrio de San Cristóbal, aproveitando as canalizacións que a compañía xa ten instaladas na autovía AG-55. Con posterioridade, a obra continuará pola zona centro cara as rúas Vázquez de Parga e Coruña, onde xa están as conexións instaladas. R achegará a Carballo os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión a máis de 11.000 fogares e locais empresariais carballeses, froito do convenio asinado pola empresa e o Concello de Carballo o pasado mes de novembro.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Mércores 4 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local reunirase o vindeiro luns, 9 de xaneiro, en sesión ordinaria. Na mesma, debatiranse as solicitudes de dúas subvencións á Deputación da Coruña. A primeira fai referencia ao fomento da política de igualdade ente mulleres e homes durante o ano 2006, mentres que a segunda sería para programas de Sevizos Sociais.
CULTURA
Mércores 4 de xaneiro do 2006
O xoves, 5 de xaneiro, Carballo recibirá a tradicional visita dos Reis Magos. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas.
CULTURA
Martes 3 de xaneiro do 2006
A imposibilidade de celebrar o Festival Infantil no Pavillón Polideportivo Bergantiños non deixará aos nenos sen actividades que realizar durante este martes e mércores. O Nadal Cultural do Concello de Carballo pon en marcha de diferentes obradoiros na Ludoteca Municipal, como o que o luns se realizou cunha Carta Xigante. Os de Maquillaxe, Construcción de Xoguetes con Material de Refugallo e a Creación dun Conto de Nadal son os que se contemplan para a diversión dos máis novos durante estes días.
ITV MÓBIL
Martes 3 de xaneiro do 2006
A unidade móbil de inspección técnica de vehículos continúa este martes, 3 de xaneiro, e o mércores, 4 de xaneiro, en Carballo, para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos, incluidos os agrícolas. As inspeccións comenzaron a luns e, para todos os interesados, asignarase día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada á localidade ou chamando ao teléfono 609116970.
BASES NAÚTICAS
Martes 3 de xaneiro do 2006
O arenal de Razo contará, no período estival, cun plan de actividades naúticas que pretende socializar e popularizar este tipo de deportes. Baixo o nome de Bases Naúticas, este proxecto permitirá o desenvolvemento de actividades para a práctica de deportes naúticos en todas as súas modalidades.
LITORAL
Martes 3 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de abrir o prazo para solicitar a autorización para a colocación de Instalacións de Tempada de Praias en zona de Dominio Público Marítimo Terestre.
MEDIO AMBIENTE
Martes 3 de xaneiro do 2006
As obras de acondicionamento do paseo fluvial do Anllóns xa están en marcha. Os operarios comezaron cos traballos de retirada de obstáculos das marxes do río, coa intención de despexar o camiño para levar a cabo a actuación. O proxecto contempla a creazón dun sendero con céspede e pizarra dotado de material urbano, con pasarelas novas e un merendeiro na zona do Bosque do Añón.
COMUNICACIÓNS
Martes 3 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de iniciar os traballos que permitirán un mellor acceso á parroquia de Aldemunde. Os operarios comezaron a realizar o desmonte que permitirá o sobreancho da estrada que vai desde o lugar do Río ata o lugar da Fonte. Trátase de preto de un quilómetro de lonxitude, sobre o que despóis se aplicará un proxecto de asfaltado.
TURISMO
Luns 2 de xaneiro do 2006
A Asociación de Mariscadoras de Baldio rematou o curso de formación organizado polo Concello de Carballo, como axentes de interpretación turistica e da paisaxe. A iniciativa púxose en marcha co obxectivo de que as mariscadoras podan servir de referencia á hora de que diferentes grupos de veciños ou turistas coñezan as zonas do litoral carballés como Razo e Baldaio.