SANIDADE
Luns 23 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, manteñen este martes, 24 de xaneiro, unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña. A representación do grupo de goberno local volverá demandar unha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal.
DEPORTE
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Comité Técnico do Deporte en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Atletismo, organizan o día sábado, 21 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Acea da Ama (Culleredo), a Fase Intercomarcal de Campo a Través do Deporte en Idade Escolar nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Por parte das Escolas Deportivas do Padroado Deportivo Municipal competirán un total de 54 atletas.
CULTURA
Venres 20 de xaneiro do 2006
Este venres, 20 de xaneiro, comezan a repartirse, na Ludoteca Municipal, as invitacións para asistir á representación da obra Papirus, a cargo da compañía Xirriquiteula Teatre de Barcelona. O espectáculo está enmarcado dentro do programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo, e terá lugar o venres 27 de xaneiro no Pazo da Cultura, a partir das 19,30 horas.
EQUAL
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Pazo da Cultura de Carballo acolle este venres, 20 de xaneiro, a presentación da iniciativa En Plan de Igualdade, integrada no Proxecto Equal . Carballo, en conxunto con Cerceda e A Coruña, participa por segunda vez deste proxecto, financiado cos fondos da Unión Europea e das devanditas administracións locais. A iniciativa desenvolve medidas destinadas a promover a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego e a conciliación da vida laboral e familiar.
INCREMENTA O TEU INTERESE
Xoves 19 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local e dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo, distribuirá 5.000 discos de control para o aparcamento na Zona Azul co lema da campaña. Estes discos pódense recoller nas dependencias da Policía Local e no Pazo da Cultura.
SUMINISTRO ELÉCTRICO
Xoves 19 de xaneiro do 2006
As melloras que se estaban a realizar na subestación eléctrica da Brea foron as causantes dos fallos no suministro eléctrico rexistrados en varios puntos do Concello nas últimas horas. Así o manifestaron dende Unión Fenosa, despois de que o Concello se puxera en contacto coa empresa suministradora e a Delegación Provincial de Industria, para correxir canto antes as deficiencias.
XUNTANZA NA DELEGACIÓN PROVINCIAL
Xoves 19 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Manuel Pan, veñen de manter unha xuntanza co Delegado Provincial da Consellaría de Medio Ambiente, Manuel Tajes, na que falaron de diferentes demandas do Concello nesta área, como a contenerización soterrada, depuración na rede de alcantarillado ou a instalación das Illas Verdes. O Delegado provincial valorou moi positivamente as propostas do Concello e estudiará as mesmas no vindeiro mes, para confirmar que actuacións gozarán coa colaboración da Consellaría.
CULTURA
Mércores 18 de xaneiro do 2006
O grupo de cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Vladimir Prjevalski, será o encargado de abrir os concertos previstos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. A cita é este venres, 20 de xaneiro, a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura.
REUNIÓN DE PORTAVOCES
Mércores 18 de xaneiro do 2006
Os grupos políticos da Corporación Municipal manteñen este mércores, 18 de xaneiro, unha xuntanza na que abordarán diferentes aspectos da actualidade local. O Regulamento de Participación Cidadá, os estatutos do Padroado Deportivo Municipal e a denominación de nomes de rúas son os principais temas a debatir nun encontro previsto para as 17,00 horas.
XUNTANZA
Mércores 18 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Manuel Pan, manteñen este xoves, 19 de xaneiro, unha xuntanza co Delegado Provincial da Consellaría de Medio Ambiente, Manuel Tajes, en A Coruña. A reunión servirá para falar de diferentes demandas do Concello nesta área, como a contenerización soterrada, depuración na rede de alcantarillado ou a instalación das Illas Verdes.
DEPORTE
Martes 17 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de conseguir, ante a Consellaría de Educación, a autorización para que os veciños e veciñas do municipio podan facer uso das pistas polideportivas do Colexio Fogar-Instituto Alfredo Brañas fora de horario escolar. O Concello fixo un notable esforzo para permitir o uso destas instalacións, debido á forte demanda de, sobre todo, xente nova do municipio.
TRABALLO
Martes 17 de xaneiro do 2006
O Servizo Público de Emprego Estatal-Inem, no seu Plan de Modernización e co ánimo prestar mellores y máis eficaces servizos ao cidadán, ven de implantar o Sistema RATEL -Rede de Atención Telemática-. Trátase de ofrecer ao usuario do Servizo Público de Emprego Estatal a posibilidade de consultar calquera dúbeda en torno a prestacións, sen necesidade de acudir a unha oficina de emprego e só marcando o número 901119999.