PROXECTO RURBANET
Venres 27 de xaneiro do 2006
O Proxecto RURBANET organiza o videiro martes, 31 de xaneiro, un Almorzo de Traballo baixo o título Plataforma de Iniciativa Local: "Ideas para o Desenvolvemento do Emprego Rural e Urbano". O obxectivo principal desta iniciativa é o intercambio de experiencias adquiridas a nivel local sobre a dinamización do desenvolvemento do emprego.
PLENO ORDINARIO
Venres 27 de xaneiro do 2006
A sesión plenaria ordinaria deste mes de xaneiro, a celebrar o vindeiro luns, incluirá na orde do día a toma de posesión como concelleiro de Antonio Nogueira Casais, do grupo municipal do CDI, despóis da renuncia de Vanesa Viña o pasado mes de novembro. Darase conta tamén das competencias nas áreas que levaban no seu día Milagros Lantes e José Antonio Periscal, así como dos membros en comisións informativas permanentes e das representacións en órganos colexiados dos membros do grupo municipal do BNG.
CULTURA
Xoves 26 de xaneiro do 2006
A Comisión de Festas do San Xoan 2006 quedou constituida despóis da celebración dunha xuntanza convocada pola concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, e celebrada este mércores no Pazo da Cultura. Os membros que conformaron a Comisión de Festas o ano pasado repiten neste exercicio, coa incorporación de Jesús Rogelio Louzao.
SESIÓN ORDINARIA
Xoves 26 de xaneiro do 2006
A sesión plenaria ordinaria deste mes de xaneiro, a celebrar o vindeiro luns, incluirá na orde do día a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá. O obxectivo do texto é aproximar a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. Os portavoces das formacións políticas do Concello volverán sentarse o luns, antes da sesión plenaria, para comentar os últimos aspectos relativos ao Regulamento, despóis de non chegar a un consenso na Comisión de Acción Social, Participación e Persoal, celebrada o pasado mércores.
TURISMO
Xoves 26 de xaneiro do 2006
O pan de Carballo será un dos protagonistas na xornada deste xoves na Feira Internacional de Turismo, que dende o mércores se celebra en Madrid. Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Turismo, Manuel Pan, achegáronse a FITUR para coñecer moitos dos aspectos que recolle esta 26ª edición. Ademáis, a representación municipal achegará o pan de Carballo á Feira, que será repartido tras un acto no salón de Turgalicia, no que tamén participa o escritor Xan Fernández Carrera.
CULTURA
Mércores 25 de xaneiro do 2006
Despóis da conferencia de Ángela Rodicio e o concerto do grupo de cámara da Sinfónica de Galicia, o teatro será o protagonista esta fin de semana dentro da programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. O venres 27 de xaneiro, a partir das 19,30 horas, a compañía catalana Xirriquiteula Teatro será a encargada de abrir as representacións teatrais incluidas no programa con Papirus, un espectáculo sen palabras destinado a un público infantil e familiar.
TURSIMO
Mércores 25 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, desprázase este xoves a Madrid para participar da Feira Internacional de Turismo, que cumple a súa 26ª edición. É a primeira cita do calendario internacional dos profesionais do sector turístico, que se desenvolverá ata o vindeiro 29 de xaneiro. Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, Evencio Ferrero asiste a FITUR nunha xornada na que o Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte desenvolverá un acto especial para dar a coñecer a zona.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Mércores 25 de xaneiro do 2006
Esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal, de Asuntos Económicos e Especial de Contas e a de Urbanismo e Desenvolvemento. Na primeira das mesmas abordarase a proposta para o nomeamento de novas rúas para a localidade. A mesma fai referencia ao enclave do Polígono Industrial de Bértoa, no que se pretenden cambiar as actuais denominacións dos viais por nomes de de metais e materiais, e outras rúas que neste momento están sen denominación, en zonas como Mirón, A Revolta, Estación de Autobuses, Berdillo, ou As Labradas.
CULTURA
Martes 24 de xaneiro do 2006
A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, ven de convocar unha xuntanza para constituir a Comisión de Festas San Xoan 2006, que se encargará da organización desta celebración. Co obxecto de renovar a Comisión, incorporando novos membros, convídase a todas as entidades e persoas que estén interesadas en formar parte da mesma a asistir a esta reunión, a celebrar o mércores, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura.
OBRAS
Martes 24 de xaneiro do 2006
O vindeiro luns, 30 de xaneiro, comezará, a máis tardar, o encofrado das zapatas sobre as que se colocará a estructura metálica do edificio da Casa dos Oficios, no barrio da Milagrosa. Unha vez se confirme que a resistencia do terreo é a idónea para levantar a estructura, despóis de realizar os traballos de excavación, drenaxe e cubrición, comezarase a traballar sobre o terreo. As estructuras e materiais nos que se traballa na actualidade están xa avanzados, nunhan laboura que seguen a desenvolver os alumnos-traballadores da Escola Obradoiro.
XUNTANZA
Martes 24 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, veñen de manter unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña, na que lle trasladaron diferentes demandas para o Concello. Así, a representación do grupo de goberno local volveu insistir na necesidade dunha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal, para o que achegaron un inforome coa situación sanitaria da localidade. A Delegada Provincial trasladará ao Sergas as demandas do Concello, tras unha xuntanza que se prolongou por espazo dunha hora.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 23 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 23 de xaneiro, a autorización de catorce novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Gran Vía (3) Vázquez de Parga, Avenida das Flores, Bos Aires, Cuba, Río Sil, Avenida Bergantiños, Río Lérez, Avenida Milagrosa, Andorra, Laracha e Caión. Tamén autorizouse a ampliación dun vao na rua Vázquez de Parga.