BALANCE
Venres 17 de febreiro do 2006
As piscinas de Carballo Calero e Vila de Noia incrementaron os usos nun 35% durante o ano 2005. Así se desprende do balance que ven de presentar o Padroado Deportivo Municipal, en virtude do control de acceso con tarxeta durante o ano pasado. En total rexistráronse 117.813 usos, frente aos 87.518 de 2004. No tocante aos ingresos das piscinas municipais, éstes incrementáronse ata os 221.181,05 euros, é dicir, 83.633,50 euros máis que en 2004 e 174.878,45 euros máis que en 2003.
AGRO
Venres 17 de febreiro do 2006
No marco da Política Agraria Común teñen continuidade no ano 2006 determinadas axudas directas a agricultores e gandeiros, algunhas delas baseadas na supreficie agraria das explotacións, e das que se beneficiaron na campaña pasada 572 solicitantes de Carballo por un importe de máis de 722.000 euros. O Concello, en horario de 10,00 horas a 13,00 horas, facilitará a consulta da identificación, usos e superficies agrarias das parcelas que van ser obxecto das solicitudes de axuda, especialmente nos meses de febreiro e marzo de 2006.
CULTURA
Xoves 16 de febreiro do 2006
Este venres, 17 de febreiro, chega a Carballo a Compañía do Ruido, un dos grupos galegos que sorprendeu co seu último traballo e que de seguro será unha das bandas con máis proxección neste ano. A actuación está enmarcada na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo e terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 21,00 horas.
SEGURIDADE
Xoves 16 de febreiro do 2006
O vindeiro luns, 20 de febreiro, terá lugar unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán. A reunión aproveitarse para aprobar a acta da última sesión, valorar a seguridade cidadán na actualidade e abrir un turno de rogos e preguntas. A xuntanza comezará ás 20,30 horas e estará presidida polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
CULTURA
Mércores 15 de febreiro do 2006
As galerías comerciais das rúas Igrexa e Fomento convertiranse, os días 24 e 25 de febreiro, nun espazo de expresión artística novidoso. Co gallo da celebración do Antroido, quince estudantes de Bellas Artes reuniranse esa fin de semana en Carballo para reivindicar o grafito como un arte alternativo. O Concello pretende con esta iniciativa, denominada Graff-Time 2006, dar a coñecer outras formas de expresión artística.
LITORAL
Mércores 15 de febreiro do 2006
As obras de recuperación do sistema natural de Razo e Baldaio seguen a desenvolverse a bo ritmo. Costas avanzou nos traballos de regularización dos regos de Nétoma e Pardiñas, traballos xa moi adiantados, ademáis de estar xa a colocar a estructura de madeira na pasarela que baixa desde o posto de socorrismo ao areal. Ademáis, procediuse ao desfonde da lagoa, nesa fase de dragado na zona de conexión do marisqueo de Baldaio.
TURISMO
Mércores 15 de febreiro do 2006
O vindeiro venres, 17 de febreiro, terá lugar unha nova xuntanza entre unha representación do goberno municipal e os panadeiros de Carballo. O obxectivo principal da reunión é a aprobación definitiva do regulamento da marca Pan de Carballo. Será a segunda xuntanza entre ambas partes, logo dunha primeira celebrada a finais do pasado mes de decembro onde os panadeiros coñeceron de primeira man o borrador do uso da marca e a súa función. A vindeira reunión celebrarase o venres a partir das 19,30 horas.
INCENDIO
Martes 14 de febreiro do 2006
A última hora da mañán déronse por rematados os traballos de desmantelamento na Estación de Autobuses de Carballo, logo de sufrir un incendio na madrugada do pasado venres. As labouras consistiron na retirada do teito e estructura da cochera da Estación e no desguace dos catro autobuses calcinados, logo de vaciar os depósitos do combustible que aínda permanecía nos tanques.
OBRAS
Martes 14 de febreiro do 2006
Pasadas ás 15,00 horas procedeuse a reanudar o servizo de auga ás vivendas afectadas pola rotura dunha tubería na rúa Villa de Negreira. Os feitos tiveron lugar sobre as 12,30 horas cando, por mor das obras a realizar nesa rúa, producíase a rotura dunha tubería á altura de Álvarez de Sotomayor. O corte do servizo afectou, directamente, á prolongación de esta última vía e a toda a Villa de Negreira.
TEATRO NA ESCOLA
Martes 14 de febreiro do 2006
Como en anos anteriores, e coa pretensión de achegar o teatro aos alumnos e alumnas dos colexios de Carballo e ofrecerlle aos centros educativos un recurso educativo máis, o Concello de Carballo organiza o programa Teatro na Escola, que inclúe diferentes obras segundo os distintos niveis educativos do alumnado. Esta semana teñen lugar tres funcións a cargo da compañía ourensana Sarabela Teatro, que representará a obra A Gata con Botas para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
CULTURA
Venres 10 de febreiro do 2006
Dúas representacións de teatro e a actuación do ballet de San Petersburgo son os atractivos que a Concellaría de Cultura oferta para esta fin de semana en Carballo. O Pazo da Cultura acollerá os tres espectáculos, a partir das 21,00 horas do venres, sábado e domingo. As actuacións comezan este venres, 10 de febreiro, coa compañía Bucanero&EME2 Produccións, que achegará ao público a obra Por un millón de dólares. A representación está enmaracada no programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo.
VANDALISMO
Venres 10 de febreiro do 2006
A Estación de Autobuses de Carballo sufriu esta madrugada de venres un acto vandálico que derivou na queima de catro autobuses -tres da empresa Arriva e un de Aucasa- e un incendio que provocou danos na estructura da Estación, afectando tamén ás cocheras. O Delegado Provincial de Política Territorial, Jacinto Parga, técnicos da propia Consellaría e representantes da Dirección Xeral de Tranportes desprazáronse a Carballo coa intención de evaluar os danos para proceder, canto antes, á reparación da instalación.