Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Os escolares anunciaron o inicio do Antroido

LECER

Os escolares anunciaron o inicio do Antroido

Venres 24 de febreiro do 2006

Nin o mal tempo impediu que moitos nenos e nenas dos centros educativos de Carballo encheran a Praza do Concello de cor e diversión co tradicional Desfile Escolar de Comparsas. Foi o acto inaugural das Festas do Antroido, que se prolongarán ata o vindeiro martes, 28 de febreiro, e que abrirá oficialmente esta noite, a partir das 21,00 horas, Cándido Pazó na Praza do Concello. Hoxe tamén ten lugar, desde as 12,00 horas e ata as 23,00 horas, a exhibición de grafiti e música nas Galerías Comerciais da Rúa da Igrexa Graff Time 06, ademáis dun obradoiro de globoflexia na Ludoteca Municipal a partir das 18,00 horas.

A Deputación provincial da luz verde ao Plan de Obras e Servicios

SESIÓN PLENARIA

A Deputación provincial da luz verde ao Plan de Obras e Servicios

Xoves 23 de febreiro do 2006

A Deputación de A Coruña aproba este xoves, 23 de febreiro, o Plan de Obras e Servicios 2006, no que se inclúen partidas destinadas a varias obras no concello. Carballo conta cun total de nove actuacións incluidas no POS, baixo un importe de 764.018,02 euros. A ordenación e urbanización da praza municipal de Bértoa, cunha asignación de 251.381,14 euros, é a actuación que ten a partida máis cuantiosa de todas as incluidas no POS para a Costa da Morte.

Continúan os traballos de limpeza  na zona litoral do concello

LITORAL

Continúan os traballos de limpeza na zona litoral do concello

Xoves 23 de febreiro do 2006

A Brigada municipal de Medio Ambiente e o Servizo de Limpeza Viaria do Concello continúan realizando as labouras de retirada dos obxetos procedentes da carga perdida dun mercante, que apareceron en Razo e Baldaio nas últimas horas. A previsión indica que a primeira hora de mañán podería quedar lista a zona do areal que abarca desde a Cabreira ata a Ponte de Baldaio, logo de retirar numerosos obxectos que a marea arrastraou á praia.

O Conselleiro de Traballo recibirá a unha representación do goberno municipal

CASA DOS OFICIOS

O Conselleiro de Traballo recibirá a unha representación do goberno municipal

Mércores 22 de febreiro do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo, reúnense este venres, 24 de febreiro, co Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela. A xuntanza terá lugar en Santiago e na mesma falarase do proxecto da Casa dos Oficios.

Aprobado o programa de actividades culturais para a celebración do Antroido

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o programa de actividades culturais para a celebración do Antroido

Mércores 22 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión o programa de actividades culturais que a Concellaría de Cultura desenvolverá para a celebración do Antroido 2006 entre o 24 e o 28 de febreiro. O programa deseñado pretende fomentar a participación de tódolos cidadáns, favorecer a súa creatividade e crear un ambiente festivo nas rúas e prazas.

Conclúe o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Conclúe o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí

Martes 21 de febreiro do 2006

O Concello de Carballo mantén aberto, ata o vindeiro venres, 24 de febreiro, o prazo de inscrición para participar da Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. Ata esa data pódense recoller no Concello as solicitudes, que se dirixirán ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral, no primeiro andar.

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán analizou o incendio da Estación de Autobuses

SEGURIDADE

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán analizou o incendio da Estación de Autobuses

Martes 21 de febreiro do 2006

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán reunida o luns, 20 de febreiro, informou dos pasos que se deron para proceder, canto antes, á apertura da Estación de Autobuses, logo de sufrir esta un incendio que afectou a catro vehículos e parte da infraestructura. Os membros da Comisión fixeron, ademáis, unha valoración sobre a seguridade cidadán na actualidade e valoraron positivamente os encontros mantidos cos colectivos da hostelería, gasolineras, comerciantes e empresarios do Polígono Industrial.

O Concello procede á limpeza do litoral afectado pola marea de obxetos dun mercante

MEDIO AMBIENTE

O Concello procede á limpeza do litoral afectado pola marea de obxetos dun mercante

Martes 21 de febreiro do 2006

O Concello de Carballo procede á recollida e avaliación dos obxetos procedentes da carga perdida dun mercante, que apareceron na praia de Razo nas últimas horas. Outras zonas do litoral da Costa da Morte víronse afectadas por unha situación que, no caso de Carballo, podería estar solventada este mércores. Será ese día cando a Brigada de Medio Ambiente e o Servizo de Limpeza Viaria procedan á retirada definitiva da mercancía rexistrada no areal, para concluir os traballos iniciados recentemente.

Servizos Sociais informa sobre as pensións asistenciais por ancianidade a favor dos emigrantes españois

ATENCIÓN PRIMARIA

Servizos Sociais informa sobre as pensións asistenciais por ancianidade a favor dos emigrantes españois

Luns 20 de febreiro do 2006

A modificación do Real Decreto 728/1993, de 14 de maio, polo que se establecen pensións asistenciais por ancianidade a favor dos emigrantes españois, recolle como principal novidade que os españois maiores de 65 anos que regresaran a territorio español despois do 01.01.04 teñen dereito a solicitar a Pensión Asistencial por Ancianidade, e percibila ata que cumpran todos os requisitos da Pensión Non Contributiva de Jubilación, pensións da Seguridade Social, etc.

Aprobado o regulamento definitivo da marca ‘Pan de Carballo’

TURISMO

Aprobado o regulamento definitivo da marca ‘Pan de Carballo’

Luns 20 de febreiro do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Turismo, Manuel Pan, presentaron ante unha quincena de panadeiros do concello a marca Pan de Carballo. O obxectivo da iniciativa, creada polo Concello, é a de promocionar o producto máis representativo da localidade e inclúe a sinalización de todas as panaderías do concello, tanto as do casco urbán como as do rural. O distintivo e diferenciación que se pretende conseguer coa marca Pan de Carballo camiña na dirección de facer do pan de Carballo un producto de interese turístico.

Aprobadas as bases do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas as bases do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Luns 20 de febreiro do 2006

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases para o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2006. A iniciativa, da que participa o Servizo de Normalización Lingüística do Concello e varios medios de comunicación, persegue promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar a situación social da lingua galega e promover o uso do galego na prensa escrita. Os artigos tratarán calquera tema relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, coa normalización lingüística en xeral ou nalgún sector au ámbito determinado, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, etc.

Carballo acolle a fase local de Natación en Idade Escolar

DEPORTES

Carballo acolle a fase local de Natación en Idade Escolar

Venres 17 de febreiro do 2006

O Padroado Deportivo Municipal de Carballo organiza o vindeiro sábado, 18 de febrero, a fase local de Natación en Idade Escolar. A proba terá lugar ás 17,00 horas na Piscina Carballo Calero, e participarán un total de 450 nadadores dos equipos do Padroado Deportivo Municipal, Fogar Natación Carballo, C.N. Arteixo, Aquagest-Santa Comba e A.D. CEIP As Forcadas de Corme.

Compartir: