PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Venres 3 de marzo do 2006
A Casa do Concello acolleu a celebración do sorteo público para determinar que rapaces participan na Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. O ente provincial concedeu 17 prazas a Carballo, que foron sorteadas entre as máis de 50 solicitudes presentadas no Concello.
CULTURA
Xoves 2 de marzo do 2006
Co gallo da preestrea de Cargo en Carballo, película corproducida pola compañía galega Vaca Films, o grupo de goberno recibirá este sábado, 4 de marzo, ao director e actores que participan do film. A recepción terá lugar na Casa do Concello ás 19,00 horas, antes de que os multicines Bergantiños acollan o acto de preeestrea, previsto para as 19,30 horas.
BALANCE MENSUAL
Xoves 2 de marzo do 2006
Protección Civil de Carballo realizou un total de 123 intervencións o pasado mes de febreiro, das que destacan 11 por accidentes ou limpeza nas estradas e outras 11 en colaboración co Parque de Bombeiros, incluindo o incendio da estación de autobuses. En total, Protección Civil invertiu 172 horas nas intervencións realizadas o pasado mes.
COMISIÓN INFORMATIVA
Xoves 2 de marzo do 2006
O grupo de goberno de Carballo presentou en comisión informativa o documento presupuestario para 2006, que volverá a ser debatido nunha nova xuntanza antes da celebración dun pleno extraordinario o vindeiro 13 de marzo. As contas ascenden a 19.467.047,06 euros, dos que 5.752.214,64 destinaranse a inversións. O proxecto da Casa dos Oficios será unha das actuacións principais e conta cunha partida de 561.555,22 euros. O presuposto reflexa, ademáis, unha partida de 660.000 euros para a adquisición de terreos. Parte de esta cantidade serviría para comprar solo para comezar a urbanizar o entorno de A Lagoa.
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Mércores 1 de marzo do 2006
Este venres, 3 de marzo, terá lugar na Casa do Concello, a partir das 13,30 horas, o sorteo público para determinar que rapaces participan na Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. O ente provincial concedeu 17 prazas a Carballo, que serán sorteadas entre todos os demandantes. É convinte que os interesados acudan ao sorteo, para confirmar asistencia e comprobar se se cumpren todos os requisitos para a participación na actividade.
DEPORTE
Mércores 1 de marzo do 2006
A piscina Carballo Calero albergará esta fin de semana a celebración do Campionato Galego de Salvamento Acuático Deportivo en Augas Pechadas. Máis dun centenar de deportistas de toda Galicia daranse cita na instalación carballesa. Os clubes participantes serán o SYSCA de Carballo, con 17 nadadores, o SAL de Laracha, con 19, Protección Civil San Senxo, con 20, Umia, con 20, Sapo de Pontevedra, con 14, Portonovo Salvamento, con 10, e Salvamento Ferrol, con 2.
TRANSPORTE
Mércores 1 de marzo do 2006
A Estación de Autobuses de Carballo vai recuperando pouco a pouco a normalidade e está previsto que hoxe mércores volva a abrir as portas ao público, logo do incendio que calcinou catro buses e parte da infraestructura da instalación. A Estación de Autobuses non funcionará a pleno rendemento, xa que aínda hai partes afectadas polo suceso acaecido o pasado 10 de febreiro.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Luns 27 de febreiro do 2006
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, a concellaría de Muller e o Centro de Información á Muller organizan o espectáculo teatro-musical ¡Viva el Mestizaje!, que terá lugar o venres 3 de marzo, no Pazo da Cultura a partir das 21,00 horas. Trátase dun espectáculo onde se mesturan diversas culturas dende o respecto e o amor ao diferente, e onde a muller é o centro de reflexión.
BANDO
Luns 27 de febreiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de publicar un bando no que se da conta do dictame dunha resolución na que se ordea ao propietario do container encallado nas rochas de Leira, na praia de Baldaio, que o retire no prazo improrrogable de quince días naturais. O temporal de vento e choiva que afectou en días pasados á zona costeira do concello provocou que ese container, con mercancía informática, encallara no areal de Baldaio.
LECER
Luns 27 de febreiro do 2006
O Enterro da Saridiña despedirá este martes, 28 de febreiro, as festas de Entroido en Carballo. O percorrido iniciarase na Praza do Concello ás 22,00 horas e rematará no Parque do Anllóns. Antes, durante esa xornada, os maiores terán a ocasión de disfrutar do Baile da Terceira Idade no Pavillón Bergantiños, programado para as 18,00 horas. Os obradoiros de Antroido e xogos para nenos e nenas e o Baile de Antroido en Razo completan a última das xornadas da festa.
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Venres 24 de febreiro do 2006
O Concello de Carballo pechou o prazo de inscrición para participar da Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. No caso de ter máis solicitudes que o número de prazas concedidas polo Deputación (17), farase un sorteo público ante o secretario do Concello, que terá lugar o venres 3 de marzo ás 13,30 horas na Casa do Concello de Carballo. É convinte que os interesados acudan ao sorteo, para confirmar asistencia e comprobar se se cumpren todos os requisitos para a participación na actividade.
FORMACIÓN
Venres 24 de febreiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo, presentaron ao Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o proxecto da Casa dos Oficios. O Director do Centro de Formación, Juan Lorenzo, tamén estivo presente nesta xuntanza en Santiago, na que a representación do goberno municipal adxuntou unha maqueta da edificación que se está a construir no barrio da Milagrosa. A visita foi aproveitada para presentar a actividade de formación e emprego que desenvolve o Concello de Carballo e os proxectos de futuro nesta materia. Ricardo Varela tildou o da Casa dos Oficios de proxecto moi interesante e ambicioso e animou ao goberno municipal a seguir coa iniciativa.