Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Comeza a instalación do novo ascensor na Casa do Concello

OBRAS

Comeza a instalación do novo ascensor na Casa do Concello

Mércores 15 de marzo do 2006

Este mércores veñen de comenzar os traballos para a instalación dun novo ascensor na Casa do Concello. Varios operarios traballan, desde o mediodía, na descarga dos materiais precisos para dotar ao Concello deste novo servizo.

Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o Orzamento Xeral para o ano 2006

Martes 14 de marzo do 2006

A Corporación Municipal de Carballo aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno, o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2006. Foi durante unha sesión plenaria extraordinaria que se prolongou por espazo de dúas horas. As contas ascenden a 19.467.047,06 euros, dos que 5.752.214,64 destinaranse a inversións.

A Deputación Provincial convoca Bolsas e Premios para 2006

CONVOCATORIA

A Deputación Provincial convoca Bolsas e Premios para 2006

Luns 13 de marzo do 2006

A Deputación da Coruña ven de convocar diferentes Bolsas e Premios para o presente ano 2006. O Concello de Carballo pon en coñecemento dos interasados as bases destas Bolsas e Premios, por se alguén quere participar das mesmas.

A Corporación Municipal debate o Orzamento Xeral para 2006

PLENO EXTRAORDINARIO

A Corporación Municipal debate o Orzamento Xeral para 2006

Luns 13 de marzo do 2006

A Corporación Municipal de Carballo reúnese esta tarde de luns, 13 de marzo, nunha sesión plenaria extraordinaria para debatir o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2006. O pleno ten lugar logo da celebración de dúas comisións informativas nas que as diferentes formacións políticas do concello tiveron ocasión de coñecer en profundidade a proposta do grupo de goberno. A sesión plenaria comeza ás 20,30 horas.

O INEGA imparte un curso sobre a eficiencia enerxética na agricultura

INDUSTRIA

O INEGA imparte un curso sobre a eficiencia enerxética na agricultura

Venres 10 de marzo do 2006

O Instituto enerxéctico de Galicia, en colaboración co Instituto de Diversificación, Ahorro y Eficiencia, organiza un curso divulgativo sobre a eficiencia enerxética na agricultura, co fin de impulsar novos hábitos de aforro de enerxía neste sector. O curso celébrase o sábado, 11 de marzo no Pazo da Cultuta, de 10,00 horas a 13,00 horas.

Sarabela Teatro achega ‘O Heroe’ ao Pazo da Cultura

CULTURA

Sarabela Teatro achega ‘O Heroe’ ao Pazo da Cultura

Venres 10 de marzo do 2006

Este venres, 10 de marzo, continúa a programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo da man de Sarabela Teatro. A compañía galega representa, a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura O Heroe, dirixido por Ánxeles Cuña e baseado no conto homónimo de Manuel Rivas incluido na obra As Chamadas Perdidas.

A Dirección Xeral de Xuventude colaborará no proxecto da Casa dos Oficios

EMPREGO

A Dirección Xeral de Xuventude colaborará no proxecto da Casa dos Oficios

Venres 10 de marzo do 2006

A Dirección Xeral de Xuventude e o Concello de Carballo traballan na redacción dun convenio de coaboración para o proxecto da Casa dos Oficios. Foi este un dos asuntos a tratar na xuntanza que veñen de celebrar en Santiago o Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Pan.

A Corporación Municipal debate o luns o Orzamento Xeral para 2006

PLENO EXTRAORDINARIO

A Corporación Municipal debate o luns o Orzamento Xeral para 2006

Xoves 9 de marzo do 2006

O vindeiro luns, 13 de marzo, celebrase unha sesión plenaria extraordinaria para debatir o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2006. O pleno ten lugar logo da celebración de dúas comisións informativas nas que as diferentes formacións políticas do concello tiveron ocasión de coñecer en profundidade a proposta do grupo de goberno. A sesión plenaria comezará ás 20,30 horas.

Aprobada unha declaración institucional no ‘Día Internacional da Muller Traballadora’

MULLER

Aprobada unha declaración institucional no ‘Día Internacional da Muller Traballadora’

Xoves 9 de marzo do 2006

A Comisión Especial da Muller aprobou, nunha xuntanza celebrada o 8 de marzo, unha Declaración Institucional co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. Na mesma, queda de manifesto que o Concello comprométese desde o ámbito municipal á promoción de campañas de sensibilización social que incidan na recesidade dun reparto equilibrado de funcións e tarefas no ámbito doméstico e na dignificación social do traballo realizado no ámbito familiar.

Compartir: