Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Aprobado o Regulamento de Participación Cidadá

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o Regulamento de Participación Cidadá

Martes 28 de marzo do 2006

Os votos a favor do grupo de goberno serviron para aprobar o Regulamento de Participación Cidadá, debatido na sesión plenaria ordinaria deste mes de marzo. O Regulamento de Participación Cidadá é un órgano de colaboración activa nas cuestións de interese para as organizacións non lucrativas do Concello e está destinado a facer propostas que lles afecten aos cidadáns, por unha mellora continuada no diálogo, na relación e nos servizos que o Concello mantén con estas entidades para incrementar e soster a calidade de vida.

A Corporación Municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá

SESIÓN PLENARIA

A Corporación Municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá

Luns 27 de marzo do 2006

A aprobación do Regulamento de Participación Cidadá é un dos asuntos a debatir na sesión plenaria ordinaria deste mes de marzo, a celebrar hoxe luns, 27 de marzo, a partir das 20,30 horas na Casa do Concello. O Regulamento inclúe, como principal novidade, a creación da figura do Conselleiro Parroquial e o Consello Parroquial, o órgano donde os veciños poderán participar da vida política da localidade.

O Concello presentou o proxecto da Casa dos Oficios á Delegada Provincial de Traballo

FORMACIÓN

O Concello presentou o proxecto da Casa dos Oficios á Delegada Provincial de Traballo

Luns 27 de marzo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro delegado de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo e o director do Centro de Formación, Juan Lorenzo, participaron esta mañá dunha xuntanza coa Delegada Provincial de Traballo, María Debén. A reunión foi aproveitada para que o Concello presentara unha solicitude para Escola Obradoiro para maiores de vintecinco anos, ademáis de presentar á Delegada Provincial de Traballo o proxecto da Casa dos Oficios.

O cónsul do Uruguai volve a achegarse a Carballo

ASESORAMENTO

O cónsul do Uruguai volve a achegarse a Carballo

Venres 24 de marzo do 2006

O cónsul do Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno, desprázase o sábado 25 de marzo a Carballo para atender os problemas e consultas de todos os cidadáns uruguaios residentes na comarca de Bergantiños. O cónsul vai estar á disposición dos interesados a partir das 10,00 horas na sala acondicionada para este fin polo Concello, no Pazo da Cultura.

A Xunta de Goberno Local contempla a aprobación de dous convenios de colaboración

SESIÓN EXTRAORDINARIA

A Xunta de Goberno Local contempla a aprobación de dous convenios de colaboración

Venres 24 de marzo do 2006

A Xunta de Goberno Local reunirase en sesión extraordinaria o vindeiro luns, 27 de marzo, na Casa do Concello. A sesión comezará ás 19,00 horas e, na orde do día, inclúese a aprobación de dous convenios de colaboración do Concello. O primeiro é coa Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude para a organización do III Duatlón Concello de Carballo.

Aberto o prazo para a solicitude de autorizacións para a instalación de terrazas

HOSTALERÍA

Aberto o prazo para a solicitude de autorizacións para a instalación de terrazas

Venres 24 de marzo do 2006

O Concello de Carballo ven de abrir a prazo para solicitar a ocupación do dominio público local con terrazas de hostalería. Os interesados en instalar unha terraza nos seus negocios deberán ter en conta as normas reguladoras da Ordenanza correspondente, podendo recoller o impreso para formular a solicitude no propio Concello.

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller

MULLER

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller

Xoves 23 de marzo do 2006

O Concello de Carballo organiza, durante todo o día de hoxe, diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller. En colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, o Concello desenvolve actos que teñen por obxecto a sensibilización e información sobre os dereitos das mulleres.

Áncora Produccións achega ‘Final de Película’ ao Pazo da Cultura

VENRES CULTURAIS

Áncora Produccións achega ‘Final de Película’ ao Pazo da Cultura

Xoves 23 de marzo do 2006

O Pazo da Cultura acolle este venres, 24 de marzo, a representación de Final de Película, unha nova obra teatral incluida dentro da programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. O texto, de Gustavo Penas Cora, foi o gañador do XII Premio Rafael Dieste 2005 de teatro, da Deputación da Coruña.

A Corporación Municipal debatirá o luns o Regulamento de Participación Cidadá

SESIÓN PLENARIA

A Corporación Municipal debatirá o luns o Regulamento de Participación Cidadá

Xoves 23 de marzo do 2006

A aprobación do Regulamento de Participación Cidadá será un dos asuntos a debatir na sesión plenaria ordinaria deste mes de marzo, a celebrar o videiro luns, a partir das 20,30 horas. O Regulamento inclúe, como principal novidade, a creación da figura do Conselleiro Parroquial e o Consello Parroquial, o órgano donde os veciños poderán participar da vida política da localidade.

A comisión informativa de Urbanismo aborda a revisión do PXOM

COMISIÓNS INFORMATIVAS

A comisión informativa de Urbanismo aborda a revisión do PXOM

Mércores 22 de marzo do 2006

Esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal, de Asuntos Económicos e Especial de Contas e a de Urbanismo e Desenvolvemento. Nesta última, que comeza ás 19,00 horas, abordarase a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en virtude da información da Oficina Técnica Municipal e unha moción que presenta a oposición.

Aparecen varados un delfín e un caldeirón no litoral do concello

LITORAL

Aparecen varados un delfín e un caldeirón no litoral do concello

Mércores 22 de marzo do 2006

A praia de Razo foi testemuña do varamento dun delfín a primeira hora da mañán, ao que lle sucedeu outro dun caldeirón nunha furna de Leira. No primeiro dos casos xa se procedeu á súa retirada, xa que o varamento prodúxose nunha zona moi accesible, no propio areal.

Industria require a Fenosa que corrixa as deficiencias do suministro eléctrico en Xoane

SUMINISTRO

Industria require a Fenosa que corrixa as deficiencias do suministro eléctrico en Xoane

Mércores 22 de marzo do 2006

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria ven de requerir a Unión Fenosa que proceda a suministrar de maneira permanente e axustada a tensión nominal de enerxía eléctrica na zona de Xoane da Carretera, da parroquia de Goiáns. Faino a Delegación Provincial logo de que o Concello de Carballo remitira, no seu día, unha copia das sinaturas recolidas entre a comunidade veciñal do lugar, onde denunciaban a insuficiente potencia de suministro eléctrico que reciben nas súas vivendas.

Compartir: