Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Pavillón Vila de Noia conta cun novo marcador electrónico

DEPORTE

O Pavillón Vila de Noia conta cun novo marcador electrónico

Venres 21 de abril do 2006

O Pavillón Vila de Noia conta desde hoxe cun novo marcador electrónico, froito do convenio asinado polo Concello de Carballo e Caixa Galicia o pasado 10 de marzo. A dotación do novo marcador veu condicionada polo estado do antigo luminoso, que quedou anticuado e xa tivo que asumir algunha que outra reparación.

O Concello acolle a entrega dos premios do Padroado Fogar de Bergantiños

SOCIEDADE

O Concello acolle a entrega dos premios do Padroado Fogar de Bergantiños

Venres 21 de abril do 2006

O Salón de Plenos do Concello de Carballo acolle este venres, 21 de abril, a entrega dos premios do Padroado Fogar de Bergantiños ao Carballés, Bergantiñán e Galego do ano. O acto ten lugar a partir das 20,00 horas e serve para recoñecer o traballo dos carballeses, bergantiñáns e galegos. Nesta edición hai seis galardoados, froito da igualada votación realizada días atrás por 35 asociacións da comarca.

A compañía R.T.A achega ‘Hamlet’ ao Pazo da Cultura

VENRES CULTURAIS

A compañía R.T.A achega ‘Hamlet’ ao Pazo da Cultura

Venres 21 de abril do 2006

Este venres, 21 de abril, ten lugar no Pazo da Cultura a representación de Hamlet a cargo da compañía R.T.A. Hamlet trátase dunha innovadora representación dun clásico de William Shakespeare adaptada por Lino Braxe, que é tamén o director da obra. O espectáculo supón un esforzo importante da producción para o teatro galego e conta cun amplo elenco de 13 actores ben coñecidos polo público, como Luis Tosar, Manuel Manquiña, Gonzalo Uriarte, Víctor Mosqueira, Migues Pernas, Flor Maceiras ou Lin oBraxe entre outros. As entradas para o espectáculo están xa esgotadas.

Comezan as obras para habilitar a planta superior do Pazo da Cultura

OBRAS

Comezan as obras para habilitar a planta superior do Pazo da Cultura

Xoves 20 de abril do 2006

Esta semana comezan as obras para a habilitación da planta superior do Pazo da Cultura como sala de exposicións. Os traballos faranse con cargo ao Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, que promove a Deputación da Coruña. Con posterioridade a esta actuación está prevista a construcción dun ascensor panorámico que enlazará a terraza da cofetería coa última planta do Pazo da Cultura.

A Corporación Municipal demanda a eliminación da peaxe na AG-55

COMISIÓN INFORMATIVA

A Corporación Municipal demanda a eliminación da peaxe na AG-55

Xoves 20 de abril do 2006

Os grupos municipais que conforman a corporación municipal carballesa aprobaron, en comisión informativa, unha proposta para eliminar a peaxe na autoestrada AG-55, Coruña-Carballo, ademáis de demandar a urxencia da construcción da vía proxectada ate Cee e Fisterra e a súa prolongación ate o Porto Exterior e A Coruña e a incorporación da estrada Carballo-Santiago á Rede de Estradas de Galicia. A moción conxunta de todas as formacións políticas do Concello aprobarse na sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns.

O Concello asina un convenio para colaborar co ‘Proxecto Ríos’

MEDIO AMBIENTE

O Concello asina un convenio para colaborar co ‘Proxecto Ríos’

Xoves 20 de abril do 2006

O Concello de Carballo e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA_ asinan este xoves, 20 de abril, un convenio para colaborar no Proxecto Ríos, que promove a asociación ecoloxista. No acto, a celebrar na Casa do Concello a partir das 20,00 horas, estarán presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Vendido a maior parte do aforo para a representación de ‘Hamlet’

VENRES CULTURAIS

Vendido a maior parte do aforo para a representación de ‘Hamlet’

Mércores 19 de abril do 2006

Este venres, 21 de abril, terá lugar no Pazo da Cultura a representación de Hamlet a cargo da compañía R.T.A. As entradas puxéronse á venda o día 7 de abril no Museo Bergantiños e, neste momento, a maior parte do aforo do auditorio do Pazo da Cultura xa está vendido, pero aínda hai algunhas entradas disponibles. O prezo para asistir á representación é de 5 euros.

Aprobadas as bases da convocatoria do Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

CULTURA

Aprobadas as bases da convocatoria do Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

Mércores 19 de abril do 2006

A Comisión de Festas de San Xoán ven de aprobar as bases da Convocatoria do Cartel Anunciador das Festas. Os autores poden utilizar calquera técnica e o gañador recibirá un premio de 450 euros. As obras poderán presentarse até o 5 de maio na concellaría de Cultura, situado no Pazo da Cultua. A técnica é libre e as medidas deben estar comprendidas entre 40 e 55 cm. por un lado e 55 e 75 por outro.

O Concello explicará ao sector textil o modelo de xestión de residuos

CULTURA

O Concello explicará ao sector textil o modelo de xestión de residuos

Mércores 19 de abril do 2006

A concellaría de Medio Ambiente acordou visitar, nos vindeiros días, os talleres de textil da localidade para explicarlles o modelo de xestión de recollida dos residuos propios do sector. Así quedou de manifesto logo dunha xuntanza entre o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, os representantes dos talleres interesados e ACTECO, a empresa xestora de fibras textiles. Con posterioridade ás visitas, o Concello elaborará un percorrido de recollida do material de reciclaxe dos talleres, como cartón ou prástico, e aportarlla á empresa, que formulará despóis unha proposta.

O CIM organiza dous cursos de Autoestima e Risoterapia

MULLER

O CIM organiza dous cursos de Autoestima e Risoterapia

Martes 18 de abril do 2006

O Centro de Información á Muller de Carballo organiza un novo curso de Risoterapia, a celebrar no Pazo da Cultura desde o 27 de abril até o 15 de xuño. Os interesados en participar do mesmo deben facer a inscripción antes do 27 de abril, ben no propio Centro de Información á Muller ou ben nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. O curso impartirase tódolos xoves de 20,00 horas a 21,30 horas. A Risoterapia é unha porta para lograr a relaxación, abrir a capacidade de sentir e crear utilizando a risa como camiño. Utilízanse técnicas que axudan a liberar tensións para chegar á risa, como a expresión corporal, o xogo, a danza, masaxes ou exercicios de respiración.

Previsto o comezo das obras de contenerización soterrada na rúa Coruña

MEDIO AMBIENTE

Previsto o comezo das obras de contenerización soterrada na rúa Coruña

Martes 18 de abril do 2006

Esta semana comezarán os traballos de contenerización soterrada na rúa Coruña de Carballo. As obras contan cun orzamento de 55.720 euros e prolongaranse por espazo de dous meses. A previsión de remate das labouras está prevista para o vindeiro mes de xuño, e levaranse a cabo no principio da rúa, á altura do Padroado Deportivo Municipal. A iniciativa, cofinanciada con fondos europeos de cohesión, permitirá facilitar aos veciños a recollida selectiva e posterior reciclaxe dos residuos sólidos.

Compartir: