Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Centro Municipal de Formación organiza un Seminario de Difusión das Novas Tecnoloxías

COMUNICACIÓNS

O Centro Municipal de Formación organiza un Seminario de Difusión das Novas Tecnoloxías

Xoves 4 de maio do 2006

O Centro Municipal de Formación de Carballo, en colaboración co IGAPE, organiza un Seminario de Difusión das Novas Tecnoloxías. O obxectivo desta xornada formativa será o definir as posibilidades de internet na empresa como instrumento para incrementar a productividade, competitividade e os beneficios en cada área de negocio.

Cultura deseña un extenso programa para conmemorar as Letras Galegas

CULTURA

Cultura deseña un extenso programa para conmemorar as Letras Galegas

Xoves 4 de maio do 2006

A Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística ven de presentar o Programa das Letras 2006, a desenvolver durante o mes de maio e no que se misturan o teatro, música, e actividades para a promoción da lingua, o libro e a lectura en galego. A exposición de Maxuxa Mallo e a presentación, esta tarde noite, do caderno nº 9 'Andando por Bergantiños. As parroquiascosteiras de Bergantiños', abren os actos a desenvolver ata o vindeiro día 28.

Rematan os traballos de limpeza nas praias de Razo e Baldaio

LITORAL

Rematan os traballos de limpeza nas praias de Razo e Baldaio

Mércores 3 de maio do 2006

Hoxe mércores estaba prevista a finalización dos traballos de limpeza do litoral de Razo e Baldaio, logo da aparición dun verquido agrupado en bolas de graxa a principios de semana. Operarios de Tragsa avanzaron onte na limpeza das praias, que quedarán xa limpas de residuos durante a xornada de hoxe. É probable que o verquido proceda dalgún tipo de lubricante liberado por algunha embarcación.

Presentados 33 artigos ao II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

LINGUA

Presentados 33 artigos ao II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Mércores 3 de maio do 2006

Logo de finalizado o prazo de presentación de traballos para o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, o pasado día 21 de abril, recibíronse 33 artigos procedentes de toda Galicia. Os membros do xurado xa comezaron coa súa lectura e avaliación individual e reuniranse o vindeiro 9 de maio para facer unha avaliación conxunta e decidir os dous traballos gañadores. A decisión darase a coñecer ese mesmo 9 de maio.

O Concello asina co SERGAS unha prórroga do convenio para o programa de tratamento de drogodependentes

SANIDADE

O Concello asina co SERGAS unha prórroga do convenio para o programa de tratamento de drogodependentes

Mércores 3 de maio do 2006

A conselleira de Sanidade, María José Rubio, asinou esta mañá unha prorroga aos convenios con 13 concellos galegos, entre eles o de Carballo, que xestionan servizos ou están a desenvolver programas de tratamento de drogodependentes. O Concello benefíciase así dunha subvención de 162.872,99 euros, da cantidade global de 3.033.824,11 euros, repartidos entre os concellos de Noia, Ribeira, Santiago, Burela, Monforte, Ourense, Cangas, O Grove, Pontevedra, Porriño, Vigo e Vilagarcía. No acto, celebrado en Santiago, estivo presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Remata o prazo para o Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

CULTURA

Remata o prazo para o Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

Martes 2 de maio do 2006

Este martes, 2 de maio, conclúe o prazo para a presentación das obras a participar no Concurso do Cartel Anunciador das Festas. Os autores poden utilizar calquera técnica e o gañador recibirá un premio de 450 euros. As obras poderán presentarse até hoxe martes, na concellaría de Cultura, situado no Pazo da Cultua. A técnica é libre e as medidas deben estar comprendidas entre 40 e 55 cm. por un lado e 55 e 75 por outro.

O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

Martes 2 de maio do 2006

Este martes, 2 de maio, inaugúrase no Museo de Bergantiños a exposición Maruxa Mallo. A transgresión feita muller, organizada pola Área de Política de Igualdade de Deputación da Coruña, e na que colaboran o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A exposición estará aberta do 2 ao 18 de maio e será inagurada polo alcalde de Carballo, a concelleira de Muller e algún representante do ente provincial.

Aprobados catro expedientes de contratación

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados catro expedientes de contratación

Martes 2 de maio do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou catro expedientes de contratación, incluidos no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e rede viaria local 2006 O primeiro fai referencia á obra Beirarrúas en Oza. A segunda é da obra Urbanización en Constenla e Casadelas. A terceira é da obra Afirmado de camiños en Cobas e Reboredo. A última fai referencia á obra Afirmado de Camiño en Razo. Aprobáronse tamén dous convenios de Protocolo de asistencia da Dirección General de la Guardia Civil en materia de información automatizada e a solicitude de prórroga do Programa de Prevención Drogodependencias. Ademáis, aprobouse a concesión dunha subvención dentro do convenio co Centro Comercial Aberto.

Carballo será sede dun curso de formación en enerxías renovables

PROXIMITASPLUS

Carballo será sede dun curso de formación en enerxías renovables

Venres 28 de abril do 2006

Carballo foi elixido sede dun curso de formación en enerxías renovables de Instalador/a de enerxía solar fotovoltaica e eólica, no marco do Proxecto ProximitasPlus, presentado pola deputación da Coruña ante o Fondo Europeo. A duración do curso é de 900 horas, que se complementarán con titorías individualizadas, acompañamento e orientación laboral e asesoramento para a creación de empresas e o autoemprego.

O Museo de Bergantiños acolle a exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a exposición de Maruxa Mallo, a transgresión feita muller

Venres 28 de abril do 2006

O vindeiro martes, 2 de maio, inaugúrase no Museo de Bergantiños a exposición Maruxa Mallo. A transgresión feita muller, organizada pola Área de Política de Igualdade de Deputación da Coruña, e na que colaboran o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A exposición estará aberta do 2 ao 18 de maio e será inagurada polo alcalde de Carballo, a concelleira de Muller e algún representante do ente provincial.

Íntegro aposta pola prevención das lesións medulares e o non aos accidentes

PREVENCIÓN

Íntegro aposta pola prevención das lesións medulares e o non aos accidentes

Venres 28 de abril do 2006

A Asociación de Minusválidos Íntegro presentou, no Salón de Plenos do Concello de Carballo, as campañas de Prevención das lesións medulares e Non aos accidentes. Baixo os lemas Por que a ti tamén che pode pasar e Ven e vai de diversión con precaución, a asociación incide na necesidade de previr os accidentes de tráfico e laborais, que ocasionan en moitos casos lesións medulares. O acto, do que participou a delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tareixa Novo, comenzou coa presentación dun vídeo que será proxectado en 18 institutos das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. A idea é a de que os xóvenes de entre 14 e 16 anos, que constitúen un grupo de alto risco neste tipo de lesións, se conciencien da posibilidade de prevenir accidentes de tráfico, laborais ou deportivos.

Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo da Cultura

CULTURA

Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo da Cultura

Xoves 27 de abril do 2006

Este xoves, 27 de abril, ten lugar no Pazo da Cultura a conferencia El Prado fuera del Prado, na que se organiza un percorrido pola pintura que se pode atopar neste centro cultural e, en especial, pola historia do retrato. A colaboradora e profesora da área de educación do Museo do Prado, Verónica Santos, é a encargada de impartir a conferencia a partir das 21,00 horas.

Compartir: