LINGUA
Mércores 10 de maio do 2006
O artigo Sinfonía en galego maior, de Ana Rodríguez Barreiro, foi o elixido por unanimidade como primeiro premio da segunda edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, logo da xuntanza mantida polo xurado no día de onte no Pazo da Cultura. O segundo premio foi para o artigo Un idioma na cetaria, de Ramón Vilar Landeira. O primeiro premio está dotado con 900 euros en metálico e a publicación en todos os medios colaboradores o domingo 21 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior no caso dos medios non diarios. O segundo premio está dotado con 300 euros en metálico e a publicación en todos os medios colaboradores o sábado 20 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior no caso dos medios non diarios.
SELECCIÓN
Mércores 10 de maio do 2006
Tras seis horas de xuntanza, o xurado designado para elexir o proxecto da nova Escola Infantil Municipal seleccionou o entregado baixo o seudónimo Acampada. Trátase, segundo o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, dunha proposta innovadora en canto á solución das aulas, que son circulares e transparentes. O ganador do concurso obtén como premio a adxudación da redacción do proxecto básico e execución do edificio, ademáis da dirección da obra. Ésta non poderá superar os 600.000 euros de coste.
POLÍGONO
Mércores 10 de maio do 2006
O Concello de Carballo ven de recibir o borrador do convenio para formalizar a proposta de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. A ampliación completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o Polígono Industrial pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.
LINGUA
Martes 9 de maio do 2006
Logo de proceder á lectura e avaliación individual dos traballos presentados, os membros do xurado do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo reúnese este martes, 9 de maio, para facer unha avaliación conxunta e decidir os dous traballos gañadores do certame. En total recibíronse 33 artigos procedentes de toda Galicia e hoxe martes darase a coñecer a decisión do xurado.
URBANISMO
Martes 9 de maio do 2006
O vindeiro xoves, 11 de maio, reúnese a mesa de contratación que analizará o proxecto presentado para a reforma do mercado municipal e contrucción dun aparcamento soterrado no entorno da Praza do Concello. A viabilidade da actuación depende de que a oferta se aaxuste aos requisitos do prego de condicións. A reunión da mesa do vindeiro xoves servirá para comprobar se o expediente está completo ou se é necesario requerir á empresa a documentación complementaria.
DEPORTES
Martes 9 de maio do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu o luns pola noite ao Xiria de baloncesto, logo de que o equipo carballés conquerira o ascenso á Liga EBA o pasado domingo en Pamplona. O conxunto de Óscar Lata derrotou no partido decisivo ao Comsmetal Larraona por 68-71. A deste fin de semana foi a cuarta fase consecutiva que dispotou o Xiria para conseguir o ascenso a EBA, premio que se lle resistía pese ás grandes tempadas e gran traballo desenvolvido pola directiva, técnicos e xogadores.
CONVOCATORIA
Luns 8 de maio do 2006
A Casa do Concello acolle este martes, 9 de maio, a reunión do xurado que analizará e elexirá o gañador dos 29 anteproxectos presentados para a construcción dunha nova Escola Infantil Municipal. O goberno municipal considera importante ampliar a oferta de prazas, debido a total ocupación da gardería As Landras. O goberno convocou un concurso de ideas o pasado mes de marzo e, desde entón, foron 29 as propostas recibidas. A xuntanza comenzará ás 10,00 horas.
CULTURA
Luns 8 de maio do 2006
Doce rapaces do concello de Carballo, de entre 12 e 14 anos, partiron este luns cara a Roma, logo de resultar gañadores do sorteo público celebrado na casa consistorial entre todas as solicitudes presentadas o pasado mes de marzo. A viaxe inclúese no programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a esta cidade de gran interese monumental e cultural. O regreso está previsto para o vindeiro día 11 de maio, ás 02,20 horas ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago.
MEDIO RURAL
Venres 5 de maio do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou esta mañán na delegación provincial de Medio Rural un convenio para o acondicionamento de pistas no medio rural e a instalación de dúas novas depuradoras. A delegada provincial, Olga García, participou da sinatura do convenio, que ten un orzamento de 170.050’90 euros, financiado con fondos FEOGA.
DEPORTE
Venres 5 de maio do 2006
O Polígono Industrial de Bértoa será escenario, este domingo 7 de maio, da celebración da Final Provincial de Duatlón Escolar nas categorías alevín, infantil e cadetes masculino e feminino. As probas comezarán ás 10,30 horas e participarán un total de 95 deportistas. O Fogar Triatlón Carballo aporta 30 atletas e o Bricosa Pedras de Santiago 32, sendo a maior representación dos oito clubes participantes. Os outros equipos que disputan a proba son o Mercerias Catamarán de Ferrol, o Club Atletismo Ría Ferrol-Concepción Arenal de Ferrol, Concello de Trazo, o IES Antonio Fraguas de Santiago, o Club Olímpico de Vedra e o CEIP San Xoan de Filgueira de Ferrol.
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Venres 5 de maio do 2006
A Deputación da Coruña concediu 30 prazas ao Concello de Carballo para participar nos Campamentos deportivos 2006, a celebrar do 16 ao 22 de xullo de 2006. O campamento está dirixido a rapaces/as de entre 9 e 13 anos e a cota de inscripción é de 80 euros. A inscrición inclúe transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
BALANCE MENSUAL
Xoves 4 de maio do 2006
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 27 emerxencias durnate o pasado mes de abril, que arroxou un total de 119 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 11 por accidentes de tráfico e limpezas, 5 por incendios urbáns, 3 por incendios forestais e unha excarcelación.