Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A corporación municipal debate diferentes asuntos no pleno ordinario de maio

SESIÓN PLENARIA

A corporación municipal debate diferentes asuntos no pleno ordinario de maio

Luns 29 de maio do 2006

Este luns, 29 de maio, celébrase unha nova sesión plenaria ordinaria na Casa do Concello. A sesión comeza ás 20,30 horas e inclúe, na orde do día, a modicicación nº 1 do Regulamento e a modificación nº 1 da ordenanza dos prezos públicos nº2 da Escola Infantil Municipal.

Éxito de participación nas Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

INDUSTRIA

Éxito de participación nas Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Luns 29 de maio do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Asocaición de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, Ramón Antelo, foron os encargados de clausurar a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético, celebradas no Pazo da Cultura durante a pasada fin de semana. Máis de 400 persoas participaron, ao longo dos catro días, das diferentes ponencias, debates e actividades que incluían as xornadas.

Adxudicadas as obras de rede de saneamento en tres parroquias de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas as obras de rede de saneamento en tres parroquias de Carballo

Luns 29 de maio do 2006

A Xunta de Goberno Local adxudicou, na sesión ordinaria deste luns, 29 de maio, as obras de rede de saneamento nas parroquias de Ardaña, Noicela (lugar de Rapadorio) e Sofán (lugar de Paradela). As tres obras están incluidas no PIL 2005 e contan cun prazo de execución de 4 meses, 7 meses (en dúas anualidades) e 61 días respectivamente. Ademáis, aprobouse o proxecto básico e de execución da tereceira fase de Remodelación, adaptación e mellora do Concello de Carballo. Elexiuse como sistema de adxudicación o concurso con preocedemento aberto e a execución das obras realizarase en dúas anualidades, estimándose unha duración total de 7 meses.

O Concello remata a campaña de limpeza das depuradoras

CARBALLO LIMPO

O Concello remata a campaña de limpeza das depuradoras

Venres 26 de maio do 2006

A concellería de Servizos e Mantemento ven de rematar a campaña de vaciado e limpeza das 18 depuradoras do término municipal. Os traballos desenvolvéronse durante toda esta semana e serviron, ademáis, para comprobar o estado dos elementos filtrantes da depuración. Os residuos trátanse agora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

Remata o Programa das Letras con diferentes actividades

CULTURA

Remata o Programa das Letras con diferentes actividades

Venres 26 de maio do 2006

Esta fin de semana remata o Programa das Letras 2006, coa realización de diferentes actividades ao longo dos próximos tres días. Este venres, 26 de maio, a Biblioteca Infantil e Ludoteca Municipal acolle o último dos tres obradoiros de animación á lectura para nenos/as que se veñen a desenvolver desde o pasado día 5. O sábado, 27 de maio, a Asociación Cultural Lumieira organiza unha viaxe Andando a Terra Carballo-Ferrol-Ribadeo-Mondoñedo, para a que todavía se poden reservar bonos. A última actividade a desenvolver terá lugar o domingo, 28 de maio, cos Encontros Culturais Arume, un festival de Música e Baile Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Arume.

O conselleiro de Industria inaugurou as Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

INDUSTRIA

O conselleiro de Industria inaugurou as Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Venres 26 de maio do 2006

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, foi o encargado de inaugurar a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético, que organiza a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños -AXOBER- e nas que colabora o Concello de Carballo. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o director do Instituto Enerxético de Galicia -INEGA-, Xoan Ramón Doldán, e o presidente de AXOBER, Ramón Antelo. As xornadas celebraranse até o vindeiro domingo no Pazo da Cultura e versan sobre a enerxía solar e a biomasa.

O Pazo da Cultura acolle a presentación do Torneo Internacional de fútbol 7 alevín

DEPORTE

O Pazo da Cultura acolle a presentación do Torneo Internacional de fútbol 7 alevín

Xoves 25 de maio do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, José Ramón Torres Pichel, responsable das Escolas Luis Calvo Sanz e Luciano Calvo, representante de Conservas Calvo, presiden esta tarde de xoves a presentación do Torneo Internacional de fútbol 7 alevín de Carballo e a súa revista. O acto ten lugar ás 20,00 horas e anunciaranse as novidades que presenta esta nova edición do torneo, que presenta máis participación en relación ao ano pasado.

Remata o prazo de inscrición para os cursos de iniciación á lingua galega e galego oral

LINGUA

Remata o prazo de inscrición para os cursos de iniciación á lingua galega e galego oral

Xoves 25 de maio do 2006

Este venres, 26 de maio, remata o prazo de inscrición para os cursos de iniciación e de galego oral que van ter lugar en Carballo desde o 5 de xuño até o 3 de agosto. A solicitude de inscrición debe facerse no Rexistro de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, no Pazo da Cultura, en horario de 10,00 horas a 13,00 horas. O modelo de solicitude pode recollerse no propio multiusos ou nesta páxina.

A Xunta investirá 35 millóns de euros na ampliación do polígono industrial de Bértoa

CONVENIO

A Xunta investirá 35 millóns de euros na ampliación do polígono industrial de Bértoa

Xoves 25 de maio do 2006

A Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron no Salón de Plenos do Concello o convenio de colaboración da segunda fase do Polígono Industrial. A Xunta de Galicia investirá 35 millóns de euros na adquisición de terreos, o que supón o maior investimento da historia no término municipal de Carballo. O convenio asinado en Carballo recolle a ampliación do polígono Industrial de Bértoa en 533.000 metros cadrados, que completan aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade. Teresa Táboas expresou no acto a intención do seu departamento de encargar a elaboración de tódolos proxectos técnicos para telos listos a finais deste ano 2006 e comezar coa adquisición de terreos. Ademáis, engadiu que será Xestur-Coruña, sociedade adscrita á Consellería, a encargada de desenvolver ese solo produtivo.

A conselleira de  Vivenda asina en Carballo o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

VISITA INSTITUCIONAL

A conselleira de Vivenda asina en Carballo o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Mércores 24 de maio do 2006

A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, realiza este mércores a súa primeira visita insitucional ao Concello de Carballo. O obxecto da visita é a sinatura do convenio de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. Teresa Táboas chegará a Carballo ás 17,00 horas, acompañada do director xeral e o delegado provincial, ademáis do presidente de Xestur, organismo que se encargará da xestión e execución dos traballos.

Inscritas 250 persoas para participar nas Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

INDUSTRIA

Inscritas 250 persoas para participar nas Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Mércores 24 de maio do 2006

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, inaugurarán o xoves, 25 de maio, a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético, que organiza a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños e nas que colabora o Concello de Carballo. As xornadas celebraranse ao longo de catro días no Pazo da Cultura e versarán sobre a enerxía solar e a biomasa. Á espera de que durante a xornada de hoxe poda haber máis inscriccións, o número de participantes nas xornadas sitúase en 250 persoas, igualando a asistencia da primeira edición.

O Concello e Vivenda asinan o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

POLÍGONO

O Concello e Vivenda asinan o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Martes 23 de maio do 2006

A conselleira de Vivenda, María Teresa Táboas, visita este mércores 24 de maio o concello de Carballo para asinar o convenio de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. A ampliación completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o Polígono Industrial pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.

Compartir: