SEGURIDADE
Xoves 8 de xuño do 2006
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de conceder ao Concello de Carballo unha subvención para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán. O importe da mesma ascende a 4000 euros, con cargo aos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2006.
CULTURA
Xoves 8 de xuño do 2006
O Museo de Bergantiños acolle este venres, 9 de xuño, a inauguración da exposición O bosque non deixa ver as árbores: unha ollada á paisaxe galega do autor carballés Alberto Varela Ferreiro. A mostra está incluida no programa de San Xoán e poderá contemplarse até o vindeiro 15 de xullo. Nela podemos observar e percorrer toda unha serie pictórica onde as árbores son o tema principal e na que o fondo se transforma en figura. O acto de inauguración terá lugar ás 21,00 horas.
DEPORTE
Xoves 8 de xuño do 2006
A Praza do Concello acollerá o vindeiro sábado, 10 de xuño, o tradicional Xogar na Rúa a partir das 17,00 horas. Trátase dunha xornada lúdico-deportiva na que os participantes do Programa Deporte na Escola faran unha exhibición do que levan facendo durante o curso escolar. Como principal novidade, esta edición do Xogar na Rúa inclúe a celebración, pola mañán, de diferentes partidos entre os rapaces que participaron nas Ligas Locais do Padroado Deportivo Municipal de baloncesto, voleibol, fútbol sala e balonmán nas categorías benxamín e alevín, a celebrar nas pistas do Chorís e do Colexio Fogar. Deseguido, tódolos rapaces disfrutarán sun xantar para, as 15,00 horas facer un xogo de carreiras de orientación con todos os participantes nos encontros. Sobre as 16,30 baixarán á Praza do Concello para disfrutar do Xogar na Rúa con todos os nenos de Educación Infantil e Primaria.
CULTURA
Mércores 7 de xuño do 2006
As festas do San Xoán 2006 inclúen, novamente, actividades participativas cunha dimensión moi lúdica e que teñen moi boa acollida entre os cidadáns de Carballo. Con elas, preténdese recuperar e fomentar tradicións tan importantes na celebración popular do San Xoán como as cachelas, recuperar xogos populares ou incorporar un elemento tan importante en Carballo como o río Anllóns. Así, até o día 21 de xuño, ás 13,00 horas, está aberto o prazo de inscrición para o , o Descenso do Anllóns e o Gran Prix de Carrilanas.
VISITA INSTITUCIONAL
Mércores 7 de xuño do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a presidenta do Centro Bergantiños de Montevideo, Anabella García, asinaron na cidade uruguaia un convenio de colaboración polo que o Concello aportará 1.600 euros para contribuir á financiación das actividades culturais do Centro. O acto tivo lugar no transcurso da romería de San Xoán e na que participaron dous centenares de emigrantes de Carballo. Evencio Ferrero aproveitou a ocasión para facer entrega de catro panderetas para o grupo folclórico infantil e un DVD con fotografías da capital de Bergantiños.
MEDIO AMBIENTE
Mércores 7 de xuño do 2006
O Concello de Carballo demandará da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible unha subvención de 15.000 euros para a realización de actividades de educación para a sustentabilidade. O Concello considera que a educación é unha variable fundamental ao servizo dun obxectivo maior como é a implicación da cidadanía. No marco dunha estratexia pola sustentabilidade no Concello de Carballo, a implicación e integración de todos os axentes xoga un papel definitivo. Así, enténdese necesario afrontar o deseño dunha Estratexia de implicación coa Sustentabilidade para Carballo, que ademáis de capacitar aos axentes involucrados sobre a necesidade da súa contribución para a sustentabilidade global, consiga a execución efectiva desa participación capacitada.
SEGURIDADE
Martes 6 de xuño do 2006
A subdelegada de goberno en A Coruña, Obdulia Taboadela, ven de convocar ao alcalde de Carballo a unha Xunta Comarcal de Seguridade, a celebrar o vindeiro luns, 12 de xuño, no Centro Comarcal de Buño. Á mesma están convocados os rexedores locais da comarca de Bergantiños, logo do suceso acaecido en Ponteceso a fin de semana pasada. A xuntanza comezará ás 10,00 horas e servirá para analizar e debater os últimos actos delictivos a nivel comarcal.
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Martes 6 de xuño do 2006
Este venres, 9 de xuño, remata o prazo para apuntarse no campus de fútbo da Deputación da Coruña, para rapaces/as de entre 9 e 13 anos, que naceron entre o 3 de xullo de 1992 e o 2 de xullo de 1997. O ente provincial ofertou 5 prazas ao Concelllo de Carballo. O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. Sería o día 15 de xuño de 2006, ás 13,30 horas, na Casa do Concello. As instancias solicitando tomar parte do Campus de fútbol 2006 dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral. É imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo.
OBRAS
Martes 6 de xuño do 2006
O Concello de Carballo ven de asinar este martes, 6 de xuño, os contratos para a realización de diferentes actuacións en varias parroquias do municipio. Son as referentes ao Afirmado de camiño en Vilela, a Rede de saneamento en Taboada, 1ª fase, a Rede de saneamento en Espiño e Ramil e a Rede de saneamento en Xoane, A primeira das actuacións estaba incluida no POS PLAN ADICIONAL 2/2005 e as da rede de saneamento no Plan de Investimentos Locais, PIL 2005. Os expedientes de contratación foran adxudicados na Xunta de Goberno Local do pasado 15 de maio.
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Luns 5 de xuño do 2006
O Padroado Deportivo Municipal e a Asociación Deportiva Xiria organizan, co patrocinio da Asociación Anti-Droga Vieiro e a colaboración de Caixanova, Hierros Varela Urbieta SA e Lista Granit SA, do 4 de xullo ao 31 de agosto a XIII Escola Deportiva de Verán, na que poden participar rapaces e rapazas nados entre os anos 89 e 96 (ambos inclusive). O prazo de inscrición abriuse o 1 de xuño e formalizarase no Padroado Deportivo Municipal, rúa Coruña 1. O principal obxectivo é que os rapaces adquiran a práctica do deporte coma un hábito saudable ao mesmo tempo que serve como marco de convivencia e ten un papel socializador importantísimo baseado no cumprimento das normas do xogo limpo.
INDUSTRIA
Luns 5 de xuño do 2006
A compañía eléctrica Unión Fenosa ven de comunicar ao Concello de Carballo, ao igual que fixo coa Consellería de Innovación e Industroa, a realización de varias melloras para solucionar os problemas de suministro eléctrico en Cances Grande. Fenosa dá así resposta á denuncia realizada polo Concello de Carballo o pasado mes de marzo e confirma que, durante o ano 2006, está prevista a execución da obra denominada Fondal, que comprende melloras coa liña de media tensión, o centro de transformación e a rede de baixa tensión.
CULTURA
Luns 5 de xuño do 2006
O Pazo da Cultura acolleu a presentación do programa das festas de San Xoán 2006, a celebrar en Carballo do 21 de xuño ao 2 de xullo. Xosé Ramón Freixeiro Mato será o encargado de facer o pregón inaugural, o mércores 21, e os concertos dos días grandes da festa correrán a cargo de Lamatumbá, o venres 23, [i[Nadadora e Nacho Vegas o sábado 24 e Pereza o luns 26. Os da fin de semana celebrarnse na explanada posterior á antiga estación de autobuses, mentres que a actuación de Pereza será na Praza do Concello.