Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello iniciou 65 informes de infracción sobre a limpeza de solares

CARBALLO LIMPO

O Concello iniciou 65 informes de infracción sobre a limpeza de solares

Venres 7 de xullo do 2006

O Concello de Carballo, dentro da campaña Carballo Limpo, iniciou 65 informes de infracción sobre a limpeza de solares. A medida é froito dun lento proceso que comezou coa aprobación da ordenanza de limpeza, e seguiu coa creación dun protocolo de actuación entre os servizos de Medio Ambiente, Policía Local, Oficina Técnica e oServizos Xurídicos do Concello. Neste momento estase procedendo a visitar estes 65 solares por parte dos servizos técnicos do Concello. Con posterioridade, entregaranlle un informe á Polícia Local e esta encargarase de comunicarlle ao propietario ou propietaria un prazo dun mes antes de abrirlle o expediente administrativo definitivo por parte dos servizos xurídicos.

Razo abre o ciclo das ‘Noites de Cine 2006’

CULTURA

Razo abre o ciclo das ‘Noites de Cine 2006’

Xoves 6 de xullo do 2006

Este xoves, 6 de xullo, comezan as Noites de Cine 2006, que o Concello de Carballo oferta durante os meses de xullo e agosto. En total haberá 28 proxeccións en distintas zonas do concello, para un total de 12 películas. As Noites de Cine ábrense esta noite na praia Razo, coa proxección de Embrujada, a partir das 22.30 horas. A mesma película poderá visionarse o 11, 17, 24, 27 e 31 de xullo, en Goiáns, Entrecruces, Ardaña, Baldaio e Berdillo, respectivamente.

Cultura confirma a execución da 1ª Fase do Centro Social de Berdillo para este ano

OBRAS

Cultura confirma a execución da 1ª Fase do Centro Social de Berdillo para este ano

Xoves 6 de xullo do 2006

O director xeral de Cultura, Luís Bará, ven de confirmarlle ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que as obras da 1.ª fase do Centro Social de Berdillo, por importe de 115.742,80 euros, vanse executar neste ano 2006. Ambas as partes asinarán un convenio neste mes de xullo e as obras deberán estar certificadas no mes de novembro.

Tramitadas 306 licenzas para a construción de vivendas no segundo trimestre de 2006

VIVENDA

Tramitadas 306 licenzas para a construción de vivendas no segundo trimestre de 2006

Xoves 6 de xullo do 2006

O segundo trimestre do ano 2006 confirma a alza espectacular na tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo. No núcleo urbano xa se tramitaron licenzas para a construción de bloques de edificios para 306 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentan as solicitudes de licenzas, cun total de 26 para vivendas unifamiliares. No primeiro semestre do ano estanse acadando cifras próximas ás totais do ano pasado, xa que a Oficina Técnica Municipal tramitou, en todo o ano 2005, licenzas para 441 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e un total de 51 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais. No que levamos de 2006, tramitáronse licenzas para 409 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e 48 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais.

Carballo acolle esta fin de semana o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

CONGRESO

Carballo acolle esta fin de semana o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

Mércores 5 de xullo do 2006

Carballo será escenario esta fin de semana, entre o 7 e o 9 de xullo, do primeiro Simposio Internacional de Megalitismo. Baixo o título O patrimonio megalítico da Costa da Morte no seu contexto atlántico, unha decena de profesores/as, arqueólogos/as e técnicos/as doutras especialidades abordarán diferentes aspectos do mundo megalítico. O congreso está organizado polo Seminario de Estudos Comarcais e o programa está dispoñible na web da asociación.

Tramitadas 306 licenzas para a construción de vivendas no segundo trimestre de 2006

VIVENDA

Tramitadas 306 licenzas para a construción de vivendas no segundo trimestre de 2006

Mércores 5 de xullo do 2006

O segundo trimestre do ano 2006 confirma a alza espectacular na tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo. No núcleo urbano xa se tramitaron licenzas para a construción de bloques de edificios para 306 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentan as solicitudes de licenzas, cun total de 26 para vivendas unifamiliares. No primeiro semestre do ano estanse acadando cifras próximas ás totais do ano pasado, xa que a Oficina Técnica Municipal tramitou, en todo o ano 2005, licenzas para 441 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e un total de 51 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais. No que levamos de 2006, tramitáronse licenzas para 409 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e 48 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais.

Comeza a funcionar a contenerización soterrada na rúa Coruña

MEDIO AMBIENTE

Comeza a funcionar a contenerización soterrada na rúa Coruña

Martes 4 de xullo do 2006

Esta martes, 4 de xullo, comezan a funcionar os colectores soterrados da rúa Coruña. O pasado 8 de xuño asinouse a acta de recepción correspondente á obra, polo que o Concello pasa a asumir a explotación, mantemento e conservación da mesma. As obras contaron cun orzamento de 55.720 euros e prolongáronse por espazo de menos dun mes. Os colectores pódense ver xa instalados no comezo da rúa Coruña, á altura do Padroado Deportivo Municipal.

A música, o teatro e a maxia, protagonistas do ‘Verán Cultural’

CULTURA

A música, o teatro e a maxia, protagonistas do ‘Verán Cultural’

Martes 4 de xullo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, presentaron esta mañá o programa do Verán Cultural do Concello de Carballo, que se vai desenvolver durante os meses de xullo e agosto. A música, o teatro e a maxia son os protagonistas dun extenso e variado programa pensado para todas as idades, dividido en trece xornadas e sumando un total de 25 actuacións. As actividades desenvolveranse ao aire libre e durante a próxima fin de semana xa se poderá gozar coas actuacións de Títeres Cachirulo, o venres no Xardín Municipal, e Mofa e Befa, o sábado na Praza do Concello.

Aberto o prazo de matrícula para os alumnos do Conservatorio Profesional de Música

ENSINO

Aberto o prazo de matrícula para os alumnos do Conservatorio Profesional de Música

Luns 3 de xullo do 2006

Este luns, 3 de xullo, ábrese o prazo de matrícula para os alumnos que están cursando estudos no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Tamén comeza o prazo para a preinscripción no 1.º curso de grao elemental de todos aqueles alumnos que queiran acceder ao Conservatorio. O prazo permanecerá aberto até o 15 de xullo.

Fernando Blanco avanza axudas ao sector industrial nas súa primeira visita oficial ao Concello

INDUSTRIA

Fernando Blanco avanza axudas ao sector industrial nas súa primeira visita oficial ao Concello

Luns 3 de xullo do 2006

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, oficiou este luns, 3 de xullo, a súa primeira visita oficial ao Concello de Carballo. Nun encontro cos membros do grupo de goberno e empresarios da localidade, o conselleiro de Industria avanzou varias liñas da axuda para o sector industrial de Carballo, centrándose no polígono industrial, pequeno comercio, enerxía e turismo. Fernando Blanco aproveitou a súa visita para asinar no Libro de Honra do Concello.

Compartir: