XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 7 de agosto do 2006
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na sesión ordinaria celebrada este luns 7 de agosto, o proxecto básico e de execución de Acondicionamento do complexo do local social de Berdillo, cun presuposto de contrata de 258.793,24 euros. Na mesma sesión deuse conta do convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a primeira fase das obras de acondicionamento do local social, polo que a Consellería de Cultura comprométese a achegar a cantidade de 115.843 euros ao Concello.
CULTURA
Venres 4 de agosto do 2006
A praza do Concello acollerá o vindeiro sábado, 5 de agosto, a celebración do concerto Rockarballo, no que dous dos últimos grupos de rock constituídos en Carballo reuniranse para ofrecer un concerto do máis variado rock carballés. As actuacións, que comezarán ás 22,30 horas, correrán a cargo das formacións locais Tramitess e The Cerne, acompañados polo grupo Magín Blanco.
CONVOCATORIA
Venres 4 de agosto do 2006
A Xunta de Goberno Local celebrará unha nova xuntanza o vindeiro luns, 7 de agosto, na que se volverán a levar da orde de 12 licenzas de obra. A orde do día inclúe licenzas para a contrucción de tres edificios que albergarían un total de 47 novas vivendas, ademáis da construcción de dúas vivendas unifamiliares. O inicio da Xunta de Goberno Local está previsto para as 13,00 horas.
DEPORTE
Venres 4 de agosto do 2006
As probas clasificatorias en categoría masculina, a celebrar a partir das 16,00 horas deste venres 4 de agosto, abrirán a cuarta proba do circuito nacional de volei-praia, que se desenvolverá no areal de Razo até o vindeiro domingo 6 de agosto. A montaxe das catro pistas de competición e outra de quencemento fíxose con éxito e só queda agardar o inicio da competición, que podería ver modificado algún horario por mor do vento do nordés, único invonvinte que se prevé para o desenvolvemento da proba. Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello a presentación do evento, da que participaron o alcalde de Carballo, o concelleiro de praias, a delegada provincial de Cultura e Deporte, un representante da Federación Española de Voleibol, o presidente da Federación Galega de Voleibol, un representante de Movistar e un representante de Delfin Group, organizadora do evento.
OBRAS
Xoves 3 de agosto do 2006
A Consellería de Cultura ven de remitir ao Concello de Carballo o convenio para as obras da primeira fase do Centro Social de Berdillo, por importe de 115.742,80 euros. A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeiro luns o mesmo, en sesión ordinaria, para abrir canto antes o procedemento para a execución desta primeira fase. O goberno municipal ten intención de facelo neste mesmo mes de agosto.
PARTICIPACIÓN
Xoves 3 de agosto do 2006
O Concello de Carballo presenta este xoves 3 de agosto, no Pazo da Cultura, o Regulamento de Participación Cidadá. No acto, que comeza ás 21,00 horas, estarán presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo. O Concello remitiu nas últimas semanas as invitacións ao acto a todo o tecido asociativo de Carballo, tanto deportivo como cultural e ás ANPAS. A intención da administración local é a de facer entrega de dous copias do regulamento a cada asociación.
DEPORTE
Xoves 3 de agosto do 2006
A praia de Razo será escenario, do venres 4 ao domingo 6 de agosto, da cuarta proba do Campionato de España de volei-praia. O areal carballés xa vai tomando forma para o evento, coa instalación das gradas e acondicionamento do terreo de xogo. Operarios da organización traballan desde principios de semana para facer do evento un grande espectáculo. Será a primeira vez que Carballo acolla unha proba do circuito nacional, para o que se destinarán 6.000 metros cadrados de areal. A montaxe moverá da orde de 15 trailers e 150 persoas.
LITORAL
Mércores 2 de agosto do 2006
A unidade de salvamento acuático realizou un total de 234 atencións de botiquín nas praias de Razo e Baldaio durante o pasado mes de xullo. O maior parte de incidencias tivo lugar no areal de Razo, cun total de 151 intervencións, mentres que na praia de Baldaio leváronse a cabo as outras 83. É de salientar que non se tivo que realizar ningún salvamento e só se rexistraron dous traslados en ambulancia en Razo.
BALANCE MENSUAL
Mércores 2 de agosto do 2006
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 34 emerxencias durante o pasado mes de xullo, que arroxou un total de 111 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 8 por accidentes de tráfico e limpezas, 3 por incendios urbáns, 6 por incendios forestais e outro incendio nun vehículo.
LITORAL
Mércores 2 de agosto do 2006
O vindeiro venres, 4 de agosto, a praia de Razo contará coa bandeira azul que recoñece o cumprimento de requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental. O acto de izada da bandeira terá lugar ás 11,00 horas e contará coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O remate das obras de consolidación dos taludes e o movemento de maquinaria permiten que a bandeira azul poda ondear xa no areal carballés.
VISITA INSTITUCIONAL
Martes 1 de agosto do 2006
O director xeral de Acción Social, Xosé Bieito Seara, anunciou que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar contribuirá ao finanzamento da primeira fase do plan de accesibilidade aos edificios públicos impulsado polo Concello de Carballo e a Fundación Once. Fíxoo na súa primeira visita oficial que realizou ao Concello, onde aproveitou a súa estancia para visitar as instalacións de ASPABER e da residencia xeriátrica.
SOLIDARIEDADE
Martes 1 de agosto do 2006
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanece desde este martes, 1 de agosto, até o mércores día 2, na Praza do Concello. A visita do vehículo resposta á celebración da campaña de doazón Comparte saúde. Doa sangue, coa que o Concello trata de promover a participación dos carballeses para atender unha demanda importante por parte dos centros sanitarios galegos durante os meses de verán, que van a precisar arredor de 35.000 doazóns de sangue. O horario para doar é de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 21.00 horas.