CRUZ VERMELLA
Venres 8 de setembro do 2006
O Concello de Carballo foi elixido este ano por Cruz Vermella para a celebración dunha grande actividade de visibilidade con motivo do Día Mundial dos Primeiros Auxilios. Os actos desenvolverase o sábado, 9 de setembro, a partir das 11,00 horas na Praza do Concello. A partir desa hora, Cruz Vermella difundirá a súa actividade nunha xornada de portas abertas até as 14,00 horas. Ademáis, comezarán os seminarios prácticos sobre a formación en primeiros auxilios, denominados Formación en masa. O primeiro desenvolverase de 11,00 horas a 11,45 horas, e o segundo de 13,00 horas a 14,00 horas.
TURISMO
Xoves 7 de setembro do 2006
O Concello de Carballo ven de remitir á Diputación da Coruña a proposta de enclave para a instalación dun área de servizos para autocaravanas. A medida responde a unha das propostas recollidas no Plan de Dinamización Turística e dase resposta así á solicitude que facía o ente provincial o pasado mes de agosto.
PREVENCIÓN
Xoves 7 de setembro do 2006
Logo da aprobación pola Xunta de Galicia do Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de publicar un bando no que se informa que, entre outras medidas, os propietarios/as teñen a obriga de manter limpas as súas parcelas, camiños de titularidade privada e as gabias, dentro dunha faixa de especial protección.
URBANISMO
Xoves 7 de setembro do 2006
A Unión Temporal de Empresas Aldesa Construcciones Inversiones Benal presentou esta mañán no Concello de Carballo a súa oferta para o proxecto de reforma do mercado municipal e contrucción dun aparcamento soterrado no entorno da Praza do Concello. Fíxoo no último dos 37 días de prazo fixados no procedemento negociado con publicidade e, agora, a viabilidade da actuación dependerá de que a oferta se axuste aos requisitos do prego de condicións.
CULTURA
Mércores 6 de setembro do 2006
O Conservatorio Profesional de Música de Carballo ven de abrir este 6 de setembro os prazos de preinscrición e matrícula para as probas de acceso. O mesmo permanecerá aberto até o vindeiro 18 de setembro, tanto para Grao Elemental como para Grao Medio.
LITORAL
Mércores 6 de setembro do 2006
O Xefe de Demarcación de Costas, Rafael Eimil, oficiou esta mañá unha visita rutinaria ás obras que se están a desenvolver no litoral carballés, nos emprazamentos de Razo e Baldaio. Rafael Eimil estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, co que visitou os traballos xa desenvolvidos nos areais e co que valorou as futuras actuacións a acometer no litoral.
BALANCE MENSUAL
Martes 5 de setembro do 2006
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 43 emerxencias durante o pasado mes de agosto, que arroxou un total de 131 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 24 por incendios forestais, 2 incendios urbáns, 5 por accidentes de tráfico e limpezas, outro incendio nun vehículo, 2 escapes de gas e 2 excarceracións.
CULTURA
Martes 5 de setembro do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa última sesión, as bases do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Estas recollen a convocatoria da presente edición e os requisitos para os que desexen participar no certame. Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras e as fotografías realizaranse en branco e negro, sendo o tema das obras libre. As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso e non poderán ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
XUNTANZA
Luns 4 de setembro do 2006
Os afectados pola explosión da pirotecnia Calvo recibiron este luns as explicacións do procedemento iniciado polos Concellos de Carballo e Coristanco, que decidiron demandar de forma conxunta á pirotecnia para que os afectados podan cobrar os daños causados polo incidente. En Carballo foron un total de 60 as vivendas afectadas e a valoración dos daños estimouse en 39.783’39 euros.
XUSTIZA
Luns 4 de setembro do 2006
O Consello de Ministros ven de aprobar a creazón do terceiro xulgado para Carballo, facendo oficial así o anuncio do Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, o pasado mes de marzo. O goberno municipal expresa a súa satisfacción pola concesión do terceiro xulgado, un dos obxectivos marcados para o presente mandato. A creazón dun terceiro xulgado en Carballo foi demandada varias veces polas autoridades e profesionais do sector debido á carga de traballo existente na localidade.
CONSTRUCCIÓN
Luns 4 de setembro do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión celebrada este luns, 4 de setembro, licenzas para a contrucción de tres novos edificios que albergarán un total de 72 vivendas. Ademáis, aprobouse outra licenza para a construcción dunha vivenda unifamiliar en Aseñado, na parroquia de Berdillo. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou dous expedientes de contratación, relativos ao subministro de mobiliario urbano nas rúas Fomento, Vazquez de Parga e outras, e o proxecto básico e de execución destinada a Escola Taller de Carballo, referente ás obras complementarias á Fase I.
CULTURA
Venres 1 de setembro do 2006
No marco da Praza dos Libros de Carballo, que tivo lugar no Xardín Municipal entre o 24 e o 27 de agosto, comezouse a desenvolver a iniciativa Libros Ceibes, en colaboración coa Cervexaría Dublín, Cafetaría Valle Inclán, Café Taberna O Patacón, Café Colón e Cafetería do Pazo da Cultura. Para dar inicio a estes Libros Ceibes, o Concello de Carballo acaba de ceibar os primeiros 60 exemplares. Desde este momento, en calquera dos establecementos colaboradores pódense atopar Libros Ceibes.